



Rosalía de Castro foi unha escritora moi importante de Galicia, nacida en 1937 en Santiago de Compostela, sendo unha das persoas máis queridas da literatura galega.
Nun tempo no que case ninguén escribía en galego, ela decidiu facelo. Grazas a iso, axudou a que a nosa lingua fose respectada e valorada. O seu libro máis famoso é Cantares gallegos, publicado en 1863. Ese libro marcou o comezo do Rexurdimento, unha etapa na que o galego volveu usarse na literatura.
Nos seus poemas falaba da tristeza, da emigración e do amor por Galicia.
Defendía ás persoas pobres e ás mulleres.
Hoxe é un símbolo da nosa cultura. Por iso, o 23 de febreiro celebramos o seu día, lembrando a súa persoa e a súa obra.
Na escola, ao longo da semana desenvolvemos moitas actividades.
Aproveitando o tempo de lecer, ilustramos esta canción de ROSALÍA PEQUENIÑA DE UXÍA SENLLE.
Gústavos?
A cativada de 6º de infantil, aprendou o retrouxo do seu poema " Adiós ríos, adiós fontes", e cantouno na Lareira dos contos acompañados pola profe Alba e ´a guitarra. Na aula fixeron un quebracabezas do seu retrato.
A rapazada de cuarto de primaria elaborou un mural sobre Rosalía e o poema "Un repoludo gaiteiro"
Matemáticas manipulativas para comprender as fraccións Clasificamos, organizamos, chegamos a acordos e facemos suposicións.
As nosas devanceiras veñen vestindo a familia e a casa dende tempos
inmemoriais. Ata hai ben pouco producían e procesaban os tecidos nas casas. Enfiaban, tinguían e cosían sempre buscando funcionalidade e beleza.
Co gallo do Día da Ilustración e ao abeiro do tema anual “O FEITO A MAN” decidiuse solicitar ás familias a participación nunha exposición de pezas tecidas das que dispoñían na súa casa: Manteis, panos de man, bufandas, bonecos,vestidos...
Estamos moi agradecidos posto que, case 100 obras de arte domésticas enchen a sala de exposicións improvisada na aula STEAM.
Atopamos pezas que, de seguro, levaron moitas horas de traballo, amosando o dominio de complicadas técnicas e dunha gran capacidade creativa. Son labores cun gran valor sentimental, son verdadeiras obras de arte.
Moitas son as capacidades que se precisan para crear pezas así: paciencia, destreza, creatividades, matemática, proporcións...
Podemos dicir que a práctica totalidade foron confeccionadas por mulleres nas súas horas de lecer. Estas técnicas non requiren formación académica en si, pero si atención, cálculo, abstracción...
Os motivos empregados son moi variados: cadros, rectángulos, rombos, espirais ou figuras humanas, animais e vexetais. Uns copiados doutras pezas ou sacados de patróns de revistas, e outros de creación propia.
A través desta mostra, buscamos que o noso alumnado coñeza estas actividades tradicionais e queremos ofrecerlle á rapazada unha alternativa enriquecedora fronte ao exceso de tecnoloxía presente nos fogares, facendo obradoiros de gancho, calceta e bordado, nos tempos de lecer finalizado o tempo de Entroido.
Todas estas labores axudan a desenvolver a motricidade fina, a traballar a
coordinación e a concentración, ademais de achegar importantes beneficios a nivel sensorial e, sobre todo, emocional. Son actividades que transmiten calma, paciencia e benestar emocional, permitindo conectar co feito de crear coas mans e dándolle moita importancia ao tempo compartido.
Na clase de plástica, o alumnado tentou reproducir as tramas de tódalas labouras traídas das casas. Un traballo complicado pero moi satisfactorio tal e como podedes comprobar nas imaxes.
Con todas elas fixemos un libriño, Gustavós?
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Por fin chegou o día. Logo de ter que adiar o tan esperado pasarrúas, este venres, aínda que non luciu o sol, a comunidade educativa da nosa escola conseguiu sair da escola para desfilar polas rúas acompañados pola comunidade educativa do CEE SAN FRANCISCO. Non foi doado. Logo de prepararnos nas aulas coas mellores galas baixo o lema “O feito a man”, de colocar o Meco no teito do coche e poñer a música festeira a punto, xuntámonos no patio de Infantil para as fotos de grupo.
| COMPARSA ENREDADOS NO MAR |
| COMPARSA CAOS NA COLMEA |
![]() |
| COMPARSA OS POMPÓNS TOLOS |
| COMPARSA METID@S EN FARIÑA |
| COMPARSA MÁIS BOS CO PAN |
![]() |
| COMPARSA @S RONDALLEIR@S DO RESÍO |
![]() |
| COMPARSA MÁIS QUE LEITE |
![]() |
| COMPARSA FIBRAS NATURAIS |
Ás 11.00 horas estaba todo listo… pero faltaba a Policía Local. Sen a súa presenza, o Concello non autoriza a saída. Tocou facer chamadas e xestións de última hora porque, malia ter permiso municipal, esqueceran avisalos. Cómpre agradecer a rapidez coa que actuaron desde Comisaría. Ás 11.30, por fin, a comitiva botou a andar nun desfile cheo de vida e ganas de festa.
A vila de Bouzas gozou dunha mañá especial co pasarrúas organizado pola nosa escola, O Resío. Alumnado, profesorado e familias converteron as rúas nun espazo de encontro e celebración. Poucos metros despois da saída, incorporouse tamén o alumnado e profesorado do CEE SAN FRANCISCO, sumando aínda máis ambiente á comitiva.
Os disfraces, preparados con agarimo nas últimas semanas, renderon homenaxe aos oficios e á cultura tradicional. Desfilaron panadeiros e panadeiras, bonecas de trapo, peixes de cores, leiteiras e leiteriros, colmeas con apicultores facendo de guías, e unha creativa representación das fibras naturais. Non faltaron os rondalleiros e rondalleiras, que animaron o percorrido facendo soar pandeiretas, cunchas e charrascos, mentres as bandeiras se movían ao ritmo da música.
A veciñanza saíu ás beirarrúas para aplaudir, fotografar ao paso da comitiiva e acompañar o desfile. A festa continuou na Alameda, onde cada grupo realizou o seu pequeno desfile acompañado da súa propia música, enchendo o espazo de ritmos tradicionais e contemporáneos, acompañados polos aplausos.
Antes de regresar, pequenos e maiores saborearon un doce petisco de chocolate.
A xornada aínda non rematara, agardaba un dos momentos máis esperados. Xa na escola celebrouse o tradicional xuízo do Meco.
A xornada rematou cunha pequena merenda compartida e festa con baile na pista polideportiva.
Un día sinxelo e fermoso que demostrou, unha vez máis, que cando a escola sae á rúa, toda a xente camiña con ela.
LIGAZÓN AS IMAXES DO NOSO ENTROIDO
Se fai uns días experimentamos coas laranxas, hoxe tocou con limóns! ... e claro que quixeron probar o seu zume, aínda que ás cariñas despois de testear o sabor ácido o dicían todo! 🍋
Hoxe vivimos na escola unha experiencia profundamente enriquecedora a nivel emocional, na que o alumnado de quinto de primaria non só aprendeu sobre as abellas, senón que tamén conectou co mundo natural desde a curiosidade, a admiración e o respecto. Da man do apicultor Nicolás Taracido, de Apipolis, mergullámonos nun universo fascinante que espertou no alumnado emocións moi diversas: sorpresa ao descubrir a complexidade da colmea, entusiasmo ao comprender o funcionamento das abellas e fascinación ante a súa organización social.
Ao longo do obradoiro, o alumnado experimentou unha aprendizaxe vivencial na que os sentidos e as emocións xogaron un papel fundamental. A observación dunha colmea con abellas vivas xerou momentos de expectación e respecto, mentres que a explicación da relación entre a abella raíña e o resto da colmea favoreceu a empatía e a reflexión sobre a importancia de cada individuo dentro dun grupo.
A través de imaxes, vídeos e materiais reais, así como coa posibilidade de tocar, ulir e degustar os produtos das abellas, o alumnado viviu momentos de alegría, curiosidade e mesmo sorpresa. Estas emocións contribuíron a consolidar as aprendizaxes previas traballadas na aula co mestre Juan, facendo que o coñecemento adquirise un significado máis profundo e duradeiro.
Ademais, o contacto directo cos apeiros do apicultor e a explicación dos procesos naturais, como a polinización ou a elaboración do mel e do propóleo, fomentaron valores como o respecto pola natureza, a responsabilidade ambiental e a conciencia da interdependencia entre os seres vivos.
A pregunta final —As abellas e nós, nós e as abellas. Quen é o máis importante?— abriu un espazo de reflexión emocional no alumnado, promovendo o pensamento crítico e a valoración do equilibrio natural.
Foi, sen dúbida, unha xornada chea de aprendizaxe significativa, na que as emocións actuaron como motor do coñecemento. Grazas, Nicolás, por achegarnos esta experiencia tan inspiradora.
Agora, cheos de ilusión e confianza, o alumnado prepárase para compartir todo o aprendido nas xornadas de expertos coa comunidade educativa.