PAGINA
venres, 31 de xaneiro de 2025
PROVOCACIÓN DE INVERNO
xoves, 30 de xaneiro de 2025
RETO 100 NIÑOS PARA PAXARIÑOS: GRAZAS, IMOS CAMIÑO DE CONSEGUILO!
Acadaremos o reto?
Grazas familias!
Grazas CEE San Rafael!
Grazas Monte Vivo!
Grazas CFR!
Quedan 3 días!
mércores, 29 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON PAULA CARBALLEIRA
Hoxe, na escola tivemos a sorte de contar con Paula Carballeira para realizar un obradoiro de teatro radiofónico, unha experiencia única onde o alumnado explorou a creación e representación de historias a través da voz e os efectos sonoros.
Que é iso de radioteatro? RADIOTEATRO é un contido teatral ou fantástico emitido por radio. Isto foi o que fixeron os alumnos e alumnas do cuarto e quinto cursos de primaria, coa inestimable axuda da gran Paula Carballeira.
Este obradoiro permitiulles desenvolver a creatividade, mellorar a expresión oral e gozar do teatro dunha forma diferente e divertida.
Agradecemos a Paula Carballeira por compartir connosco o seu talento e paixón polo teatro e a narración oral. Ela ten unha gran capacidade para contar historias e transmitir emocións a través da palabra falada e escrita.
Próximamente nas ondas de Radio Resío!
DANIEL NOVOA, COA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.
Grazas a todas as familias que vos unistes, foi un pracer compartir este espazo de aprendizaxe e reflexión.
Agardámosvos na próxima xornada para seguir gozando desta gran aventura. A vosa participación é clave para construir un futuro máis responsable e consciente.
Deixamos a continuación unhas pequenas recomendacións de lecturas emocionais e afectivo-sexuais das que dispomos na biblioteca da escola.
martes, 28 de xaneiro de 2025
UN GRAN COLOMBÓFILO NA ESCOLA. HOXE FALAMOS DAS POMBAS.
Ao abeiro do reto "100 niños de paxaros" o alumado do centro gozou hoxe da visita dun colombófilo no centro.
COÑECEMOS Á POMBA
luns, 27 de xaneiro de 2025
COÑECEMOS OS NOSOS PAXAROS
Ao longo destas semanas, iremos coñecendo aos seguintes paxaros.
Para coñecelos, facemos esta proposta de xogo, colle a túa papeleta e deixa o encrucillado cuberto no buzón de Picolindo.
Comezamos coa pomba. Esta semana teremos na escola a un colombófilo.
venres, 24 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO DE CARTÓN CON TON ARENAS E A BIBLIOTECA CREATIVA. OBRADOIRO DE CABEZUDOS.
Canto divertimento tivemos hoxe na escola! Ninguén podía imaxinar que unhas simples caixas de zapatos puidesen dar tanto xogo.
Grazas á participación no programa de BIBLIOTECA CREATIVA, na escola puidemos contar con TON ARENAS, pertencente á Compañía MIRCROMINA TEATRO DE TÍTERES. Él dí que é un artesán dos Muiños en Mondoñedo. Crea, constrúe teatriños, bonecos, títeres e cabezudos.
Mostrounos a súa técnica e con tan só caixas, cinta de papel, tesoiras maila nosa imaxinación creamos...
venres, 17 de xaneiro de 2025
DESEÑANDO NAS IMPRESORAS 3D
O alumnado do terceiro ciclo de educación primaria embarcouse nun fascinante proxecto de deseño e impresión 3D, onde as matemáticas e a creatividade camiñaron da man. A partir dos coñecementos xeométricos adquiridos na aula, os nenos e nenas deseñaron chaveiros, medallóns e mesmo unha reprodución da mascota da biblioteca escolar, Picolindo, aplicando conceptos de dimensións e proporcións con gran destreza.
mércores, 15 de xaneiro de 2025
DANIEL NOVOA CO ALUMNADO DA ESCOLA
No día de hoxe, o alumnado do 4º, 5º e 6º cursos de primaria, tiveron un faladoiro con Daniel Novoa, con quen aprenderon moitas cousas sobre xestión emocional, relacións persoais e sexualidade.
Aprenderon moito, investigaron sobre as súas emocións e iniciáronse no camiño de falar de todo con naturalidade e consciencia.
PRECISAMOS A TÚA AXUDA! TEMOS UN RETO
Achégase o Día da Candelaria. Os nenos e nenas da escola do Resío, xunto cos seus mestres maila mascota Picolindo, precisan a axuda de todos vós.
martes, 14 de xaneiro de 2025
DESCUBRIMOS O KAPLA
Á escola chegaron varios xogos de Kapla. Este é un xogo de construción baseado en pequenas táboas de madeira de pino, todas do mesmo tamaño, que se apilan sen necesidade de cola nin fixacións. O principal obxectivo deste xogo é fomentar a creatividade, a precisión e o equilibrio a través da construción libre ou guiada (existen varios libros con exemplos de construción).
En primeiro lugar, deixeille o xogo aos rapaces para que experimentaran e puideran crear as estruturas que quixeran. Ao estar xogando en equipo tiveron que planificar antes de construír. Experimentaron e xogaron coas simetrías, o equilibrio e as proporcións.
Traballaron de dous xeitos: primeiro ideando e construíndo un deseño libre e logo seguiron os modelos dos manuais Kapla a través dunha construción guiada.

luns, 13 de xaneiro de 2025
FALADOIRO CON DANIEL NOVOA
O vindeiro martes 28 de xaneiro, ás 16.30h, na sala de usos múltiples da escola teremos o pracer de contar co psicólogo DANIEL NOVOA, nun faladoiro co título:
O FUTURO NA MAN DOS NOSOS FILL@S no que se tratarán temas do voso interese sobre a educación dos vosos fill@s.
Este é un faladoiro ao que todos deberedes asistir, xa que é unha honra contar con este prestixioso psicólogo na nosa escola, froito da colaboración escola, ANPA, CFR de Vigo.
Por favor, confirmade a vosa presencia no seguinte formulario https://forms.gle/WZw3gc62PwKAb7za9yourdesignpanel
mércores, 8 de xaneiro de 2025
EXPERIMENTAMOS COS NOVOS MATERIAIS DA AULA STEAM