PAGINA

mércores, 31 de maio de 2023

HOXE VISÍTANOS: HEMATO

 Temos a gran sorte de volver a contar este curso na escola co gran HEMATOCRÍTICO, Miguel López, coñecido por todos como Hemato. Gran escritor, guionista, humorista, mestre...Nesta ocasión, viu para falarnos da súa estupenda obra "Vaia Cabuxiño!". O alumnado de primeiro quedou encantado coas súas anécdotas.


 







sábado, 27 de maio de 2023

6º EI VISITA A BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

 

No Resío, temos unha fermosa biblioteca chea de contos, xogos, materiais manipulativos, robots, legos, computadores, tablets, ... pero precisamos coñecer outras bibliotecas das que dispomos na nosa cidade porque teñen moitos recursos e actividades para todos nós. Pasámolo xenial!

 

venres, 26 de maio de 2023

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN: AS EMOCIÓNS NOS DEBUXOS ANIMADOS

 Esta semana tivemos o pracer de poder contar na nosa escola con Iago Araújo e María Villar, KAME COMIC.

 Ao longo de dúas xornadas todo o alumnado dende o sexto curso de infantil ata o sexto curso de primaria, gozaron dunha sesión de ilustración das emocións a través dos debuxos animados. Foi unha clase de cómic, e eles os mellores mestres, pois dedicanse a traballar diso. Poderiamos dicir deles que son debuxantes, guionistas, creadores de historias, deseñadores, ilustradores, caricaturistas,... 

Traballamos o CARTOON,  e con eles as emocións.


 

Aprendemos como facer un bosquexo.

 

E como cos mesmos elementos, podemos facer infinidade de caras dependendo do tamaño e do lugar onde se pintan cada unha delas.


Enganos de caricaturista.


Debuxamos un corpo.


E entre todos, fixemos fermosas produccións.













sábado, 20 de maio de 2023

XA TEMOS PUBLICADA A BANDA DESEÑADA DO RESIO 23

 Dentro das actividades do PDI da escola estaba a creación e publicación do primeiro exemplar de banda deseñada do Resío. Esta actividade interdisciplinar levouse a cabo de xeito colaborativo de tódalas aulas de primaria nas materias de lingua galega e expresión plástica.

Non dubidedes en pasar pola escola, estades convidad@s.


O tema do cómic ten que ver co Meco Comelibros quee pena na nosa biblioteca dende que foi condenado en xuízo público no pasado entroido. Como abandonará Come Libros a biblioteca?, será quen de marchar da escola?. Os cativos deron solta a súa imaxinación e crearon as súas historietas.


 

Na aula Steam, cunha app de banda deseñada, crearon os comic coas tablets dda escola. Que ben traballan a competencia dixital!

Aquí tedes algún exemplo.

 No mesmo número, tamén creamos un apartado de historias creadas de xeito libre. Aqui tedes algún exemplo:


Por se non podedes pasar pola escola, aquí tedes unha pequena mostra do noso TBO. Esperamos que vos guste moito.

 



CREAMOS CON CROMA

 Dentro do traballo de creación que estamos a levar a cabo a través da aula STEAM, está o traballo co Croma. Hoxe o alumnado utilizando a información da exposición do cómic, as tablets, a app INSHOT, o croma, maila súa imaxinación adentraronse na banda deseñada galega, o TBO, os comics franco belgas, o comic americano, o sudamericana, o cómic europeo e o manga. 

Para crear tiveron que buscar información.


 

Dar puntos de opinión e chegar a acordos.



 

  Distribuir o traballo e gravar:





Estas son as súas creacións.

venres, 19 de maio de 2023

HOXE VISÍTANOS... SABELA FERNÁNDEZ






Hoxe recibimos a visita de Sabela Fernández, autora do libro  

"Que queres ser de maior, pequena?"

 Fixemos moitas actividades divertidas facendo voar a nosa imaxinación.

Grazas Sabela! 

 

xoves, 18 de maio de 2023

CREAMOS GIFS ANIMADOS

 Dentro do programa "Te lo cuentan las matemáticas", xunto con Nerea e Diego aprendemos a crear gifs animados con GEOGEBRA.

 

mércores, 17 de maio de 2023

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día especial, un día no que se fixo na escola a celebración dos Maios e das Letras Galegas, na que se homenaxeou ao editor, xornalista, investigador e presidente da RAG, FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

 Nas aulas aprendemos moitas cousas del, e en grupos colaborativos fixemos un quebracabezas coa súa imaxe. Foi moi divertido.



Comezamos a mañá facendo unha selección do fiuncho, xestas, pampillos e outras flores, aportadas polas familias, que foron distribuídas polas aulas coa axuda do alumnado do sexto curso. De 9 a 11.30, fixeronse as cadeas de pampillos, a preparación do maio, e cada aula preparou as pezas do crebacabezas que lle correspondían.

Logo do tempo de lecer, concentrámonos no patio de infantil, montamos o maio coas grilandas preparadas nas aulas.

 


 Cantamos unha canción ao maio e fixemos a tradicional procesión polas instalacións da escola acompañados polos músicos.


 


 

Logo montamos entre todos o crebacabezas.



E amenizados pola Banda de Música do Resío, tivo lugar o tradicional Baile das Fitas, levado a cabo, coma sempre, polo alumnado do cuarto curso de primaria.


 

 Que ben o fixeron!

Grazas á axuda de , dos antigos alumnos Gabriel e Kayim, e dos musico mestres da escola, puidemos bailar unhas pezas, e para finalizar o acto, cantamos entre todos o  Himno Galego.

  


Grazas familias por participar!

As imaxes da festa están todas na seguinte ligazón:

IMAXES LETRAS GALEGAS E MAIOS 2023

 


luns, 15 de maio de 2023

PABLO PICASSO, 50 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE

Este ano, concretamente o 8 de abril, celebrase o 50 aniversario da morte do artista español Pablo Picasso.  Tanto en España como en Francia van facer moitas homenaxes. Na nosa escola fixemos a nosa particular celebración coa actividade A ventá do Guernica, na que os cativos tiñan que buscar a zona do cadro que máis lle gustaba o lle impresionaba máis e replicalo nunha cartulina con lápiz azul cobalto.

Entre todos creamos, investigamos, aprendimos e rendemos a nosa particular homenaxe.