Cantas coousas nos contaron estos rapaces! Aquí a súa exposición
PAGINA
venres, 28 de abril de 2023
HOXE VISITOUNOS RAMÓN D. VEIGA
Ramón D. Veiga acompañounos hoxe na escola. Os rapaces de catro e cinco anos da escola, leron "A araña que lle tiña medo ás arañas".
Ademáis de contarnos moitas cousas, inventaron entre todos un conto. Aproveitando que Ramón tamén ten escrito comics, os nenos e nenas do sexto curso de infantil contámoslle que nós tamén creamos un e visionamos xuntos a versión animada que fixemos.
Tamén estivo cos rapaces de primeiro e segudo de primaria falando sobre "Miñoca"
xoves, 27 de abril de 2023
CUARTA CONFERENCIA: EXPERTOS NO COMIC EN 6º EI
Que ben o fixeron os cativos da escola. Que preparados estaban. Encantounos a súa creación. A banda deseñada das aventuras de Leiro e Aurora encántounos.
HOXE VISÍTANOS: ANXO IGLESIAS
Quen visitou hoxe a nosa escola?
O seu nome é Anxo e a súa profesión mestre . Pero é poeta, escritor, músico,...
Hoxe, na escola, tivemos o gran pracer de contar con él. Falamos, creamos,interpretamos, poemamos,...
E ademáis de facernos pasar unha gran mañá deixounos a todos unha fermosa mensaxe :
"No Resío unha risa rosa ri e sorrí"
Ademáis, deixounos claro que os caracois encántanlle. A nós tamén.
Gran aprendizaxe a de hoxe grazas a Anxo Iglesias.
Grazas!
mércores, 26 de abril de 2023
TERCEIRA CONFERENCIA DE EXPERTOS: 2º EP. EXPERTOS NO CINE
Grande exposición do alumnado do segundo curso de primaria, na que se fixo entrega dos Premios Cinelindo no Resío. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
martes, 25 de abril de 2023
SEGUNDA CONFERENCIA DE EXPERTOS: EXPERTOS NA RADIO ESCOLAR.
Hoxe foi a quenda do alumnado do sexto curso de primaria, os máis maiores da escola. O seu traballo versou sobre a radio escolar, coa que levan traballado todo o curso.
Aquí tedes a súa exposición.
luns, 24 de abril de 2023
NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
Hoxe puxemos punto e final ás conversas arredor do libro de Antía Yáñez "Non penses nun elefante rosa". Moito nos deu de falar, rir e chorar este libro. A seguinte estación será "Golpes de luz" de Ledicia Costas. Se alguén máis quere unirse, nós encantadas.
PRIMEIRA CONFERENCIA DE EXPERTOS: 5º EI. EXPERTOS NOS INSTRUMENTOS DE ESCRITURA
Inauguramos as XII Xornadas de Expertos no PICO PENSA E CREA LINDO, tendo como protagonistas ao alumnado do quinto curso de educación infantil. A súa conferencia versaba sobre os distintos instrumentos de escritura. Son pequenos pero ao subir ao escenario, vencen o medo a falar en público e os seus compañeiros traballan a escoita e o respeto ao traballo dos outros.
HOXE VISÍTANOS: XABIER DOMÍNGUEZ
Logo da lectura do libro "Maxía de pedra", hoxe tivemos o pracer de contar na nosa escola con Xabier, autor deste marabilloso libro. Grazas á editorial Xerais, puidemos falar con él desta historia que nos fala de Ánxela, un gato, poderes máxicos, petróglifos,... mestura a nosa realidade coa historia antiga de Galiza, coa época dos romanos e coa cultura castrexa.
Pasamos un rato moi divertido e aprendemos moitas cousas, grazas!
domingo, 23 de abril de 2023
sábado, 22 de abril de 2023
CREAR CON OVOS
Como noutras ocasións dende a aula de inglés, celebramos o HAPPY EASTER, e non hai mellor xeito que cun concurso de creación de ovos decorados. Magnificas as aportacións das familias!
TEATRO DE CADAQUÉN
Magnífica actuación da que gozamos no día de onte na escola aproveitando a conmemoración do DÍA DO LIBRO. Todo grazas a familia Chapela Álvarez. Todo un pracer dispor de familias que participan na creación da escola.
Deixamos aquí un vídeo da actuación.
Novamente, grazas, grazas, grazas. Entre todos facemos unha escola máis grande.
venres, 21 de abril de 2023
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Hoxe 21 de abril, celebramos na escola o día do libro. Tivemos tres grandes actividades para celebralo: o apadriñamento lector, a entrega de agasallos do concurso de chapas do día do libro, a entrega de premios para o concurso de ovos de pascua e para rematar tivemos a grande actuación de Lolo e Sergio, representando coa súa compañía Teatro de ningures o Sr Contancontos.
Comezamos coa actividade de apadriñamento lector. Esta é unha actividade con carácter transversal na que o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de primaria, reciben o título de padriños e madriñas, para ler, en voz alta aos máis cativos da escola. Os de 4º de primaria apadriñaron aos rapaces de cuarto e quinto cursos de infantil, os de 5º aos de primeiro e os de 6º aos de segundo e terceiro. Búscase a mellora da lectura, o favorecemento da lectura expresiva cunha adecuada vocalización, entonación, ritmo, a escoita activa, a mellora da atención, da observación,... pero ademáis o desenvolvemento das relacións interpersonais do alumnado da escola.
Concentrámonos todos no patio de infantil ás 10.45, para que cada padriño/madriña, recollese ao seu afillad@ e puidese elexir o espazo que máis lle gustaba do patio para a lectura compartida.
Logo, cantamos entre todos a canción O LIBRO do album TIC TAC de Pablo Díaz e entregamos os premios aos deseños ganadores das chapas (Xiana González e Xacobe Barcua) e do cartaz do Dia do Libro (Xoana Barcia e Leticia Fernández). Todos os participantes levarán Pikeuros.
Continuamos coa entrega de premios do Concurso de Deseño de Ovos de pascua. Houbo un primeiro premio para Antón Rodríguez, o segundo para Uxía García e dous terceiros para Julia Rey e Cloe Trigo.
E para finalizar o día, unha gran sesión de contos co TEATRO DE CADAQUÉN, co "Sr.Contacontos"
GRAZAS LOLO E SERGIO, por facernos pasar un rato marabilloso.
Grazas, familia!
Por último deixamos a ligazón de tódalas imaxes do evento. Esperamos que vos gusten.
xoves, 20 de abril de 2023
Visita de Beatriz Maceda ao Club de lectura da escola
Hoxe na previa da celebración do DÍA DO LIBRO os nenos e nenas do Club de Lectura gozamos coa visita de Beatriz Maceda que viu falarnos do seu libro "Las en ningures".
Conversamos dos campos de refuxiados, guerras, ONGs e do famoso alemán Man de Camelle, ao que a escritora coñeceu personalmente. Grazas Beatriz e grazas, Editorial Xerais, por facelo posible!
mércores, 19 de abril de 2023
xoves, 6 de abril de 2023
martes, 4 de abril de 2023
DESEÑAR PARA CREAR. matemáticas creativas.
Na aula Steam, traballando co programa Tinkercad, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria deseña medallas e trofeos para os agasallos dos mellores lectores da biblioteca da escola. Entre todos os deseños elexiremos democráticamente os seleccionados para os premios do presente curso.
O procedemento foi o que segue:
- Nunha folla con cadros, fixeron o deseño do obxecto a imprimir. Primeiro bocetan a medalla, o trofeo, o chaveiro,...
- A continuación fan o deseño no programa tinkercad. Os seus deseños son todos preciosos. Hai rapaces que lle poñen colores ás distintas partes do deseño sabendo que na escola so podemos imprimir a unha cor.
- Unha vez elaborado o deseño, exportamos a imaxe a formato .stl, o metemos nun pendrive e llo facilitamos á profe, quen ao longo da semana fai as impresións. Os deseños dos rapaces, leva moito tempo facelos, e a impresora 3d é moi caprichosa, tendendo a atascarse, québrase o filamento, atáscase a boquilla, pero, os deseños acaban impresos.
- Unha vez imprimidos, coa axuda da tablet, facemos unha fotografía ao noso obxecto cun fondo neutro, a exportamos á galería da profe, para que nola imprima.
- Por último, completamos a planilla.
-