PAGINA

martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL

Dende o Equipo Docente do centro queremos lembrarvos que as vacacións de Nadal comezarán o día 22 de decembro (incluído) e voltaremos ás aulas o luns día 10 de xaneiro.

Aproveitamos para desexarvos a todos unhas FELICES FESTAS.

Imaxes do Festival

Imaxes das badaladas e bailes 

Imaxes dos máis pequenos polo Nadal

 
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL ENTRE O ALUMNADO. 
Foron preseleccionadas polo profesorado varias postais e por votación do alumnado de primaria resultaron gañadores os seguintes debuxos:
 
SIMÓN VÁZQUEZ
GABRIEL SANTOMÉ
ELOY ENRIQUEZ
ANE CID

FESTIVAL DE NADAL

 

LIGAZÓN AO FESTIVAL DE NADAL.

 

 Ás 11h. será á estrea!

LIGAZÓN Á PELÍCULA:

"O APAGÓN"


domingo, 19 de decembro de 2021

sábado, 18 de decembro de 2021

venres, 10 de decembro de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA. KIT CREATIVO: POSTAL DE NADAL

 

Na aula Steam algo está a acontecer...

  • Bolsas
  • Mensaxes
  • Retos
  • Tablets
  • Croma
  • ...
O que estamos a facer, en breve volo imos contar, o que vos podemos adiantar, é que moi divertido está  a ser.

martes, 7 de decembro de 2021

OBRADOIRO DE COCIÑA: PIZZA

 Este martes, aproveitando o día entre festivo e festivo, o alumnado do sexto curso A, acompañados pola súa titora Begoña, baixaron ao Laboratorio das artes e das ciencias para cociñar. Dende primeira hora da mañá arrecendía polos corredores a pizza. Primeiro elaboraron a masa, e logo fixeron pizzas individuais botándolles os ingredientes que máis lle sabían. Eso sí, os ingredientes foron moi naturais.

Unha vez preparadas as pizzas, as enfornaron e... logo as paparon.


Estaba boísima!!!!!!


venres, 3 de decembro de 2021

SAÍDA DIDÁCTICA, NATURNOVA

 O  alumnado do terceiro e cuarto curso de primaria, puido volver a gozar dunha visita didáctica. Nesta ocasión foron a NATURNOVA, centro de educación ambiental. Aquí a rapazada puido despertar a súa curiosidade no coñecemento do mundo e gozar a través da ciencia  da natureza.

Aproveitaron para ver algun dinosaurio a través da realidade aumentada, descubriron como se forma un tornado, e incluso se adentraron no fondo mariño dentro dun simulador de submarino. 








 





xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.


 

Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.


Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 



mércores, 17 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 

O pasado venres día 12 celebramos na escola o MAGOSTO!

Esta festa tradicional unida ao bo tempo e as ganas de troula fixeron que todo saíra estupendamente!

O primeiro que fixemos foi montar a castañeira.

 

Moitas grazas ás familias e ao noso porteiro,  Carlos,  polas saborosas castañas.

E parabéns a toda a rapazada polo seu comportamento!

Fixemos obradoiros nas aulas, xogos populares no patio e compartimos unha estupenda merenda de castañas. Logo deixamos todo recollido.



Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta fantástica xornada!

Tamén fixemos un programa de radio especial. Aquí tedes a ligazón.

luns, 15 de novembro de 2021

NA ESCOLA CREAMOS

 Logo de dous meses traballando con Legos, seguindo instruccións, chegou o momento de crear. Tivemos que crear  soportes para apoiar o noso dispositivo móbil e non lesionar as cervicais.

Estes foron os seus inventos:


 


E fixeron unha presentación e defensa dos mesmos diante dos seus compañeiros, analizando as debilidades e fortalezas do grupo de traballo.

Parabéns rapaces!

xoves, 11 de novembro de 2021

FACENDO ARTE

 No laboratorio das artes e das ciencias algo está a artellarse. Que será?

 

mércores, 10 de novembro de 2021

ESCONXUROS DE SAMAÍN

Como manda a tradición,  xa están aquí, todos os esconxuros das meigas e meigos do Resío no Samaín. 

 

 

 

Porque na nosa terra,  moitos males os solucionamos coa maxia. 

 Non todo ía ser cabazas e traxes!


 

martes, 9 de novembro de 2021

OBRADOIROS IGUALDADE

 Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades  de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.



O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia  e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.

 

 

O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade. 

 


O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.

luns, 8 de novembro de 2021

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 6º A

 Para rematar a celebración do Samaín, no 6º A de primaria desenvolveron un obradoiro de cociña, no que elaboraron unhas boísimas chulas de cabaza.




 

Animádevos a cociñar na vosa casa!

domingo, 7 de novembro de 2021

Aprendemos a facer trazos con OZOBOT

 Xornada divertida a vivida no primeiro curso de primaria traballando co robot OZOBOT. Debuxar trazos e acadar que o robot siga a liña, é moi divertido!






 

venres, 5 de novembro de 2021

XOGANDO E APRENDENDO CON OZOBOT

 Hoxe, o alumnado do sexto curso de Educación Infantil, estivo repasando os trazos de números co robot Ozobot, que seguía o camiño que debuxabamos cambiando de cor e copiando o que nós debuxamos. Foi un obradoiro moi divertido!



 

martes, 2 de novembro de 2021

PROPOSTAS DE SAMAÍN NO 5º CURSO DE INFANTIL

Traballouse tamén o conteo, a lectoescritura e vocabulario propio desta festa tradicional.


Creamos unhas fermosas cabazas creativas.

Pasámolo fenomenal!