PAGINA

domingo, 30 de maio de 2021

PASAPALABRAS DOS CONTOS CLÁSICOS E POPULARES

Xa temos aquí os pasapalabras desta gran final de "No Resío Contamos Moito". 
Cada clase preparou o rosco co vocabulario do tema do que é experta, así que se tes dúbida busca o vídeo das exposicións de expertos e consulta alí. 
Importante: cando entres en cada rosco identifícate  co teu nome e o nº do curso, os que consigades máis puntuación pasaredes á gran final que será presencial e haberá premio!!
Anímate, canto máis participes máis posibilidades tendrás. 

venres, 28 de maio de 2021

6º E.I VISITA O PAZO QUIÑONES DE LEÓN

O xoves 27 de maio o alumnado do sexto curso de infantil estivo visitando o Parque de Castrelos. A profe Maricruz fixo de guía e explicounos moitas cousas de historia, da flora e a fauna. Aínda que a nosa intención era ver cisnes, non había ningún, pero vimos parruliños e outras aves. 
Pasámolo fenomenal!

xoves, 27 de maio de 2021

#MONICREQUESNACASA21

A familia Miguelez presenta o conto dos "Tres Porquiños".
 Grazas. 
 
 
 
 

mércores, 26 de maio de 2021

#MONICREQUESNACASA 20

A familia de Clara e Beltrán Silva Frias gozaron cos títeres e envíannos esta obra. Grazas! 

#MONICREQUESNACASA 19

 A familia de Breogán Villar Salgado gozou esta fin de semana da mochila cuentista. Eles gozaron, e agora tócanos a nós.

mércores, 19 de maio de 2021

CONMEMORACIÓN DOS MAIOS E DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Hoxe mércores 19, tivo lugar na escola un acto conmemorativo do día das Letras Galegas e dos maios.

 La poeta Xela Arias será la homenajeada en las Letras Galegas de 2021

O acto deu comezo cun repaso á vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada, a través de pequenas instervencións do alumnado.



 

Posteriormente, cantamos a canción dos maios.

Tamén tivo lugar o Baile das Fitas por parte do alumnado do cuarto curso de primaria.

 

Para rematar o acto, cantamos todos xuntos o Himno Galego acompañados pola música dos gaiteiros.

 

Este curso botamos en falta a calor das familias. Subimos imaxes e vídeos para que na distancia, poidades gozar dun evento tan especial. Esperamos que vos guste.

LIGAZÓN ÁS IMAXES DO ACTO

VÍDEO DO ACTO


 



 

luns, 17 de maio de 2021

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, 17 de maio, celebrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano dedícase á escritora XELA ARIAS. Para dar a coñecer un pouco a esta autora, na escola montamos o "TENDAL DE XELA", iniciativa levada a cabo pola maioría de Equipos de Normalización Lingüística da zona. 

Se nos detemos a lelo, descubriremos que XELA ARIAS naceu o 4 de marzo de 1962 na Granxa e Barreiros, en Sarria (Lugo), lugar onde o seu pai era mestre. Estudiou en Fingoi (Lugo) e rematou os seus estudos de primaria no CEIP SÁRDOMA-MOLEDO, na nosa cidade, Vigo e estudou o Bacharelato no IES. Castelao. Rematado o Bacharelato entrou a traballar na Editorial Xerais, polos seus coñecementos do galego.

Foi escritora, traductora, e profesora de Secundaria, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura. Escribiu poesía.


O mércores 19, conmemoraremos na escola o DÍA DA NOSA LINGUA, onde unha morea de alumn@s de infantil e primaria actuarán e recitarán diante dos nenos, nenas e mestr@s da escola en homenaxe a Xela Arias.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Se queredes coñecer a Xela moito máis, na contorna da escola, nestos días de descanso tedes moitas propostas e plans para homenaxeala.
  • As LETRAS GALEGAS nos Barrios, na Alameda dende ás 12h do sábado 15.
  • Na mostra organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS o luns 17 na Alameda.
  • Poesía na curva de San Gregorio.
  • Exposición no Museo do Mar.

 

 

17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio celébrase o día mundial da reciclaxe. Na escola co gallo da tradicional festa dos maios, e por mor da actual situación socio sanitaria, temos de deixar de facer a tradicional recreación da festa dos MAIOS e buscar unha alternativa segura. Por ese motivo, fíxose unha proposta "en familia" para crear uns maios de reciclaxe. Grazas pola vosa colaboración, os maios quedaron espectaculares.


 





Moita creatividade e ilusión demostrades nas vosas produccións.

 Grazas pola vosa axuda e colaboración, ...

As FAMILIAS sodes parte esencial

 da nosa escola, O RESÍO.

sábado, 15 de maio de 2021

CONTACONTOS EN FAMILIA: A ORUGA GLOTONA

 Grazas pola vosa implicación!. Esther, a mamá de Jose e Álvaro Leal, trae á escola vermes de seda e desenvolve unha fermosa sesión de contacontos con tódalas aulas de educación infantil coa historia: "A Oruga glotona"


 

xoves, 13 de maio de 2021

NO PRIMEIRO ANDAR APARECEU... UN CASTELO

Os expertos nos lugares de conto e os expertos en principes e princesas, é dicir, as aulas do primeiro e segundo curso de primaria, precisan unificarse e traballar nun fin común. 

 

Deciden que os Castelos, pode ser un lugar de conto que una ambas aulas.




O tema encantoulle á rapazada que coa colaboración das mestras e das súas familias comezaron a investigar e a decorar. Para investigar pediron axuda e colaboración das súas familias e para decorar, pediron a colaboración do porteiro, Yago e do alumnado do quinto e sexto curso de primaria.

Entre todos comezaron a decorar os corredores que fixo que tiveramos a sensación de vivir na Idade Media.  

Picolindo, a mascota do cole, encerrou ao coronavirus no alxube do seu castelo.

 

 

 Concedeunos a honra de visitarnos para facernos a entrega duns  libros de castelos para ser máis expertos na materia.

 

mércores, 12 de maio de 2021

PROGRAMA "TE LO CUENTAN LOS MAPAS", "TE LO CUENTA UNA AVIADORA"

 O pasado mércores día 5  e hoxe,  o alumnado do sexto curso de primaria levaron a cabo uns obradoiros tecnolóxicos e manipulativos impartidos por alumnado da Universidade de Vigo, cos títulos:


"TE LO CUENTAN LOS MAPAS"

"TE LO CUENTA UNA AVIADORA"

Grazas á Nerea, o alumnado foi quen de descubrir como se poden medir as distancias e cal é o camiño máis curto nunha viaxe. Traballouse no taller manipulativo cun globo terráqueo hinchable, unha cinta métrica, un mapa e unha ficha de medidas. 


No obradoiro tecnolóxico traballouse o programa GEOGEBRA mailo globo terráqueo. 


So queda pendente un encontro virtual cunha científica. Agardamos por él. 

Pasámolo estupendamente e queremos agradecer á UVIGO por acollernos nesta iniciativa.

luns, 10 de maio de 2021

#MONICREQUESNACASA 18

Antón R 3 anos coa axuda da súa familia, presentan...

 OS CHIVOS CHIVÓNS .

 

#MONICREQUESNACASA 17

DARIO nos conta "EL ZORRO BUSCA AMIGOS".