PAGINA

venres, 27 de setembro de 2019

VENRES 27 : AMOSAMOS A NOSA PREOCUPACIÓN POLO PLANETA




 Hoxe venres 27, ás 12h. na pista cuberta os mestres e os nenos mobilizáronse polo clima. Tivo lugar un acto onde, acompañados polos cartaces feitos o xoves nas aulas, cantaron xuntos unha canción.



Se queres ver máis momentos do evento preme na imaxe.
https://photos.app.goo.gl/x7FZ21ucQNmtjmvW7

Agora, un video para reflexionar,



Outro vídeo, preme na imaxe
https://photos.google.com/share/AF1QipOgBOF99j4XqvSoujCw7NQ5MoJMRjsfsL2jZXRjDhuCoMuQIZh3F2y4qHbEU0Yb1g/photo/AF1QipPKXvM-B-gfplyt81S3pT0AzHrq3c2ZwYSP-nln?key=OFAtSDlIYTFsRG5hN2dzblpTcDFtODNvV21xc3Nn


xoves, 26 de setembro de 2019

XOVES 26: ELABORAMOS CARTACES NAS AULAS SOBRE O CLIMA

En tódalas aulas da escola, o alumnado acompañado polo profesorado elaboraron diferentes cartaces na defensa do clima.







martes, 24 de setembro de 2019

MARTES 24: TODOS VESTIDOS DE VERDES

Grazas familias pola vosa colaboración, hoxe, todos os mestres e mestras, alumnos e alumnas, viñeron vestidos de cor verde. Así queremos ver o noso planeta... VERDE

Finalizado o tempo de lecer, fixemos unha concentración nas bancadas da pista e durante un intre todos amosamos o noso desexo dun planeta verde onde poidamos vivir.

luns, 23 de setembro de 2019

COMEZA A SEMANA POLO CLIMA

No Resío  unímonos  ao movemento mundial en defensa do clima polo que esta semana levaremos a cabo todas e cada  unha das accións propostas no cartaz.
COMEZAMOS cun minuto de silencio pola terra:






venres, 20 de setembro de 2019

RETO: CERO RESÍDUOS

Dentro do proxecto ESCOLA ECO-LÓXICA, propuxemos ás familias un gran reto:
 RESÍDUOS CERO
Coidar o noso planeta é moi importante  e coidarnos  tamén, polo que, unha alimentación saudable é fundamental. 
Na escola queremos traballala todos os días e por iso, se decide enviar ás familias un calendario de petiscos


 ao tempo, solicítase que:
  • o petisco veña nunha bolsa de tea.
  • a auga, nunha cantimplora ou botella ecolóxica reciclable.
  • a comida veña nunha friameira ou tupper que se poida lavar e reutilizar tódolos días. 
ENTRE TODOS IMOS  ACADAR ESTE GRAN RETO!

venres, 13 de setembro de 2019

OBRADOIROS DE COÑECEMENTO E FESTA DA AUGA PARA COMEZAR

Comezadas as clases, e tendo en conta as elevadas temperaturas, que mellor xeito que de estar fresquiños... FESTA DA AUGA NO RESÍO.

 A primeira hora da mañá, o alumnado de educación primaria, gozou duns obradoiros ofrecidos pola ANPA para coñecer as actividades de Xadrez, Robótica, Teatro e Danza. 
 

 

Logo, chegadas as 12h. moitos ían coñecer e gozar da festa da auga na horta do cole. 



Desfilaban baixando os chanzos dende o primeiro andar con grande ilusión. Na horta,... gozaron de sol e auga.



Temos que repetir esta experiencia!