PAGINA

venres, 26 de abril de 2019

I QUEDADA LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe, dentro das actividades do mes do libro, tivo lugar a primeira quedada de lecturas compartidas entre o IES ALEXÁNDRE BÓVEDA, (Centro educativo ao que está adscrita a nosa escola), e o CEIP O ROCÍO.
Dúas aulas do primeiro curso da ESO, acompañados polos seus mestres de lengua e lingua,  mailo orientador do IES, exerceron de marabillosos contacontos para todo o alumnado de infantil e primaria.
Unha experiencia intercentros que seguramente terá continuidade en vindeiros cursos escolares.
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE
 Grazas!



E para destacar o evento un cartaz para o CEIP coa mascota picolindo


e outra para o IES, máis institucional.







SORPRESA, SORPRESA!

Hoxe o alumnado do quinto curso de primaria atopou unha sorpresa ao chegar á aula...
Cada un escolleu candaseu sobre do tendedoiro  cando chegou o momento de abrilo: 
 SORPRESA!
Dentro de cada sobre un exame de CCSS diferente.
Cada un escolleu a súa sorte (pero todos eran fáciles).
Uns exames diferentes e divertidos.

VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Hoxe, o alumnado de educación primaria da escola, levaron a cabo una visita educativa aos museos científicos da coruña para completar o proxecto anual Experiencia a conCIENCIA.

A pesar do mal tempo, gozamos coas múltiples actividades:
Xogamos, imaxinamos, sorrimos,...
Na pranta baixa o péndulo de Foucault, e a incubadora dos pitiños.
PÉNDULO DE FOUCAULT

PÉNDULOS

 
INCUBADORA
 No primeiro andar xogamos coa física. 
 






 e ata montamos nun bambán para estudar o movemento pendular.

No segundo andar, estivemos na exposición
" LA ASTRONOMÍA COMO TE LA CUENTAN"
O Sistema solar, planetas extrasolares,...
 o relevo,

a vida dos astronautas no espazo,...

E finalmente, visitamos o planetario, onde repasamos moitos coñecementos de astronomía. 

Na Domus,
tocar, tocar, e experimentar co corpo, tanto que ata tivemos que facer batallas para relaxar a nosa mente.
Coñecimos aos nosos antepasados,

e a grandes científicos
Unha saída espectacular!

martes, 23 de abril de 2019

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Non hai mellor xeito de celebrar o día do libro que coa actividade estrela: 
"Lecturas compartidas"
Parabéns a todos!


PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS

 Entegáronse os premios aos finalistas do concurso de deseño de chapa e aos gañadores.

 




 

DINOSETO E DINOSETIÑO NO ROCÍO

Hoxe, chegaron á escola da man do Concello de Vigo , Dinoseto e Dinosetiño, para aprenderlle aos alumnos e alumnas de segundo, terceiro e cuarto de primaria a importancia de reciclar e manter limpa a nosa cidade.


Explicoulles aos nenos a importancia de reciclar nos colectores amarelo, azul, verde, pilas, lixo orgánico e os novos de aceite e roupa.

Cantamos xuntos a canción do seu videoclip Vigo-Recicla



PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS


venres, 12 de abril de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

O pasado mércores día 10, conmemorábase o Día Mundial da Ciencia e da Tecnoloxía. Na escola adiamolo ata o venres día 12 unha vez rematadas as IX Xornadas de Expertos. 
Esta data se conmemora en honra do médico e farmacéutico arxentino Bernardo Houssay, Premio Nobel de Medicina no 1947, polos seus descubrimentos científicos e médicos.

 Na escola fixeronse dúas actividades paralelas nas distintas etapas educativas. 

En Educación Infantil, contamos coa inestimable colaboración da familia GARAZO DOMÍNGUEZ, pais de dúas alumnas da escola que levaron a cabo a Actividade :

 "Los Peces y la Ciencia" 


 Agradecemos a "MARINE STEWARDSHIP COUNCIL (MSC)" a participación nesta actividade.

En Educación Primaria,  contamos coa inestimable colaboración do CETMAR, situado en Bouzas e centro no que traballa a familia CABRERA CHAPELA, na que se desenvolveron seis obradoiros adaptados ás idades do alumnado de primaria. 





Rematamos o día facendo unha xornada de limpeza na praia de Bouzas. En pouco tempo, canta basura recollida!

NOVENA CONFERENCIA, EXPERTOS NA ELECTRICIDADE

Hoxe clausuraronse as xornadas de expertos da ciencia dentro do proxecto Experiencia a conCiencia.

O alumnado do sexto curso de primaria fixo unha breve exposición sobre a electricidade e as fontes de enerxía. Aproveitaron para explicar os seus catro proxectos de traballo colaborativo e puidemos  comprobar que a vida do científico non é sinxela, pois as veces, pese  ao esforzo, non se acadan os obxectivos previstos.

CHUVIA DE CORES

Por fín, é xoves, de novo os pequenos científicos do Resío. Nesta ocasión dúas alumnas do segundo curso de primaria, Erea e Julia. Imos comprobar o que nos ensinaron no tempo de lecer, atentos!



mércores, 10 de abril de 2019

OITAVA CONFERENCIA, EXPERTOS NA MATERIA

 A materia,
 que é a materia?
O alumnado do quinto curso de primaria fixéronse expertos e nolo explican.



martes, 9 de abril de 2019

SÉTIMA CONFERENCIA: EXPERTOS NO AIRE

Hoxe foron os alumnos e alumnas do primeiro curso de primaria os encargados de dar a conferencia. Eles estiveron preparándose ao longo do curso para ser expertos no aire.




luns, 8 de abril de 2019

SEXTA CONFERENCIA, EXPERTOS NA AUGA

Comezou a semana coa sexta conferencia dos expertos do presente curso escolar. Nesta ocasión son os pequenos do segundo curso de primaria os encargados de transmitir as súas pescudas aos compañeiros e compañeiras da escola.
 

QUINTA CONFERENCIA: EXPERTOS NA LUZ E NA DESCOMPOSICIÓN DA LUZ

Parece ser que os nosos compañeiros de terceiro curso de primaria estivo a experimentar tanto no laboratorio do Doutor Bacillus e na aula que en troques de estudar fixeron máxia.
Que divertido resultou o seu traballo!



EXPERIMENTAMOS CON ALBA E NEREA, TORNADO DE PAPEL

Dentro da actividade os xoves experimento, dúas alumnas de cuarto, achéganse ao laboratorio do Doutor Bacilus e...



CUARTA CONFERENCIA, EXPERTOS NO MAGNETISMO

O alumnado do cuarto curso de educación primaria, nunha exposición elaborada en base aos seus traballos foi quen de transmitir aos seus compañeiros e compañeiras de escola parte das súas pescudas  ao longo do presente curso escolar.



TERCEIRA CONFERENCIA, EXPERTOS NA COR

O alumnado do cuarto curso de infantil, e polo tanto os máis cativos da escola, foron os conferenciantes no día de hoxe. Explicáronnos dun xeito sinxelo as distintas cores e todos os experimentos que levan feito na aula.
No seguinte video podedes escoitalos, 




A calidade da imaxe non é boa, pero seguro que gozaresdes con él. Tentamos preservar os dereitos de imaxe dalgún alumno/a.

martes, 2 de abril de 2019

SEGUNDA CONFERENCIA. EXPERTOS NO VINAGRE

Hoxe foi a quenda do alumnado do quinto curso de infantil, que acompañados pola súa mestra Maricruz, ensinaronnos todas as propiedades do vinagre. Fixeron unha descripción do mesmo ao longo da historia e mostraronnos como o  usan todos e cada un deles na súa vida diaria.
Fermosa conferencia!




IX XORNADAS DE EXPERTOS: EXPERIENCIA A CONCIENCIA, PRIMEIRA CONFERENCIA


Hoxe deron comezo na escola as novenas xornadas de expertos. O tema a desenvolver é o noso proxecto anual

  EXPERIENCIA A CONCIENCIA
 
Inauguraron as xornadas @s pequen@s do 6º curso de educación infantil que tiñan como tema 

  A METEREOLOXÍA
Levan todo o curso  a investigar e especializándose nos fenómenos atmosféricos e explicaron coa axuda da profe Eva, a súa investigación.




O programa de conferencias é o que segue:

  • 01/04/2019, Expertos na Metereoloxía con 6º E.I.
  • 02/04/2019, Expertos na  maxia do vinagre con 5º E.I.
  • 03/04/2019, Expertos na cor con 4º E.I.
  • 04/04/2019, Expertos na descomposición da luz 3º E.P.
  • 05/04/2019 Expertos no magnetismo de  4º E.P.
  • 08//04/2019. Expertos no aire 1º E.P.
  • 09/04/2019. Expertos na auga 2º E.P.
  • 10/04/2019. Expertos na materia 5º E.P.
  • 11/04/2019. Expertos na electricidade 6º E.P. 
  • 12/04/12 Día da ciencia