PAGINA
▼
sábado, 30 de marzo de 2019
xoves, 28 de marzo de 2019
O CEIP. VIRXE DO ROCÍO, VIGUÉS DISTINGUIDO
A nosa escola foi nomeada viguesa distinguida, co que, fomos nomead@s todos e cada un dos membros da comunidade educativa do Resío e todos e cada un dos que puxeron o seu gran de area en prol do ensino no noso centro.
"Moitas grazas e que o ensino en Vigo siga o seu camiño"
Unha pequena gravación do acto de onte.
Unha pequena gravación do acto de onte.
martes, 26 de marzo de 2019
ATLETISMO EN PISTA
Fenomenal o traballo levado a cabo no día de hoxe polo alumnado do quinto curso de educación primaria no CUVI.
Tras participar en diversas modalidades atléticas, chegamos á escola con varios campions e campioas.
Noraboa polo gran traballo en equipo rapaces!
Se queredes gozar coas imaxes da competición, preme na imaxe.
domingo, 24 de marzo de 2019
VISITAMOS O AEROPORTO
O pasado día 22 de marzo, os alumnos e alumnas do primeiro e segundo curso de primaria visitaron o Aeroporto de Vigo.
Gozaron con todo o que fixeron: pasaron polo arco, estiveron cos cans policías, observaron o transportador de maletas, o servizo de bombeiros,...
venres, 22 de marzo de 2019
DÍA DA POESÍA 2019
Está semana que estamos celebrando o Día Mundial da Poesía a Biblioteca cubriuse de fermosos poemas enmarcados na actividade :
HAI VERSOS PARA MIN?
Ademáis, tivemos o pracer de gozar da contacontos OLGA CUERVO, que deleitou aos cativos falando dunha poetísa; Gloria Fuertes.
xoves, 21 de marzo de 2019
mércores, 20 de marzo de 2019
TRABALLANDO A TERRA
CHEGOU A PRIMAVERA, E CON ELA...
A NOSA HORTA
Levabamos días preparando a terra dos bancais da escola, e hoxe, celebrando a chegada da primavera...
Tocou sementar, que ben o pasamos!
E que fermosos quedaron as nosas leiras. Agora toca coidala, regala e mantela todos os días para que chegado o verán teñamos unha gran recolleita.
sábado, 16 de marzo de 2019
OBRADOIRO DE VOZ POR ARACELI FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
Este venres tivemos o pracer de contar na nosa escola coa soprano Araceli Fernández.
Reside en Suiza, e traballa como docente co prestixioso coro masculino KnabenKantorei
Basel - (KKB) como formadora de voz e na escola municipal de música
Aesch-Pfeffingen como mestra de canto; aproveitando uns días de vacacións na súa cidade natal, Vigo, ofreceunos un obradoiro para o alumnado da escola.
Comezamos aprendendo o que é a voz.
Lemos as notas no pentagrama,
Escoitamos un anaco de ópera,
Cantando as notas con moita velocidade,
Unha canción de ABBA, entre todos.
Acompañamos a Araceli
Agora nós sos somentes acompañados polo piano de Areaceli.
Para despedirse unha cantiga de Enrique Granados.
GRAZAS ARACELI POR SER TAN AMABLE E LEVAR A CABO ESTE FERMOSO OBRADOIRO
E,...
GRAZAS BEGOÑA POR PRESENTARNOS A TÚA IRMÁ!
venres, 15 de marzo de 2019
15 M VERDE
Na escola adherímonos ao movemento do 15 M VERDE.
Dado que os nenos son moi pequenos e non poden facer folga, o centro levou a cabo diversas actividades e unha concentración no patio na que se reclamaron os dereitos do planeta.
A rapazada quere herdar un planeta en plenas condicións.
Dado que os nenos son moi pequenos e non poden facer folga, o centro levou a cabo diversas actividades e unha concentración no patio na que se reclamaron os dereitos do planeta.
A rapazada quere herdar un planeta en plenas condicións.
xoves, 14 de marzo de 2019
VIGUESA DISTINGUIDA
A nosa Comunidade Educativa está de noraboa!
O Concello recoñece o noso labor educativo e de formación tras 75 anos de historia, polo que nos concenderá por esta traxectoria este galardón o vindeiro mércores 27 de marzo ás 20h. no Teatro Centro Cultural Abanca.
Grazas!
mércores, 13 de marzo de 2019
martes, 12 de marzo de 2019
CORREDOIRA O RESÍO
Hoxe tivo lugar no corredor da escola a primeira corredoira científica do Resío, onde o alumnado do quinto e sexto curso de primaria desfilaron mostrando as súas orixinais produccións ao resto do alumnado. Aquí un pequeno resumo do acontecido.
Se queres ver as imaxes do evento preme na imaxe.
Se queres ver as imaxes do evento preme na imaxe.
venres, 1 de marzo de 2019
PASARRÚAS DE ENTROIDO
Hoxe foi un día especial, tras días e días de traballo a comunidade educativa saíu de troula ata a Alameda de Bouzas. Iamos guapísimos acompañando ao noso Meco Robot!
4º EI, FANTASÍA DE CORES
5º EI, TOLOS POLA CIENCIA!
6º EI. NUBES
1º 5 SEMANAS EN GLOBO
3º DESCOMPOSICIÓN DA LUZ
4º OS MAGNÉTICOS
5º EXTERMINATORS
6º ROBOTS ENCHUFADOS
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Ao chegar á escola xuizo do meco é... a papar!
Ao chegar á escola xuizo do meco é... a papar!
A Doutora Sardiña foi rescatada,
o meco queimado e logo houbo moita troula.
Se queredes gozar de todas as imaxes do entroido preme no seguinte enlace.