PAGINA

martes, 25 de setembro de 2018

COA VOLTA Á ESCOLA... UNHA NOVA FESTA DA AUGA

Para combater a calor destos días de setembro, celebramos a festa da auga. Que ben nolo pasamos na eira da escola!
 

venres, 21 de setembro de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


Os nenos e nenas do quinto e sexto curso de primaria da escola participaron no programa 

 "O Sabor dá Aventura está no Mar",

visitando o porto, a lonxa e o mercado de Bueu.




 Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.
Os nenos e nenas  puideron coñecer como se descarga o peixe, máis concretamente o polbo, e como se poxa  na lonxa. Deron  unha volta polo porto e aprenderon a distinguir  os distintos tipos de embarcacions.  Ensinaronlles distintas artes de pesca, miraron traballar ás redeiras e por último visitaron o mercado onde tiveron un obradoiro de alimentación. Disfrutaron dunha merenda mariñeira. 



xoves, 20 de setembro de 2018

O PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA.

Parece que foi onte. Os nosos nenos e nenas estaban moi nerviosos no seu primeiro día de clase  por todo o que estaba a acontecer. Xa pasou un tempo e moitas cousas aconteceron e outras moitas van pasar.













 

xoves, 6 de setembro de 2018

BO COMEZO DE CURSO!

Experiencia a conCIENCIA

Logo de algo máis de dous meses brincando, xogando e cantando...  chegou o tempo de vir á escola. 
Este curso será moi especial; é un ano no que a nosa escola está de aniversario. Adiviñades cantos anos fai? ; en breve volo diremos.

 Será un tempo de moitas experiencias polo que xa estamos a preparar para todos  o primeiro día de escola. 
Resultado de imaxes para cerebro y laboratorio