PAGINA

martes, 20 de marzo de 2018

O ALCALDE TAMÉN CONTA


Encadrada na actividade "Contos na lareira" tivemos hoxe a visita do alcalde de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez, que pasou pola nosa lareira para contar ao alumnado antigas historias da cidade e recordos de infancia.
Como avó de tódolos nenos/as (xa que non ten netos), abraiou á rapazada coa historia dos templarios nas Cíes e contou aos máis cativos recordos da súa infancia.
Animou ao alumnado a seguir estudando para medrar como persoas e para poder chegar a ser Alcaldesa / Alcalde da cidade nun futuro.

CHARLA DO ALCALDE COS PEQUENOS. 
"RECORDOS DA SÚA INFANCIA"


CHARLA DO ALCALDE COS MAIORES DA ESCOLA.
"HISTORIAS DOS TEMPLARIOS NAS CÍES" 



AS PREGUNTAS DOS MÁIS CATIVOS AO ALCALDE

AS IMAXES DO EVENTO 



PARA REMATAR, UN AGASALLO AO ALCALDE
A canción do videoclip da escola "a capela"

Asinou no libro de visitas de Picolindo

A visita do  Alcalde na prensa:


luns, 19 de marzo de 2018

AVÓS, AVOAS E ROSALÍA

Grazas a todalas familias da escola que participaron na actividade "Contando a Rosalía". Fermoso o mural e marabillosa a actividade levada a cabo polas familias.

xoves, 15 de marzo de 2018

OS TRES PORQUIÑOS E MARÍA JOSÉ

Por fin, chegou a inauguración do recuncho que os mestres da escola prepararon con moito esmero. Dna. MªJosé, a avóa de Clara Silva Frias do quinto curso de Educación Infantil, tivo a honra de estrear a LAREIRA DOS AVÓS. Elexiu un conto precioso, "Os tres porquiños", e a súa neta xunto cos seus compañeiros e compañeiras gozaron dunha fermosa experiencia.




Á PROCURA DE AVÓS E AVOAS

Dentro do noso proxecto anual DA EIRA Á CAPOEIRA, o claustro decide destacar a importancia que tiña a figura dos avós dentro da casa e nas eiras. Por ese motivo dende a escola decidimos dedicarlle un pouco do tempo dos nosos alumn@s a facer unha serie de actividades onde se recoñeza a sua importante labor no proceso educativo dos nosos alumnos e alumnas.
Invitamos aos avós e avoas a visitar a escola, para contarnos historias, aprendernos oficios, cantarnos cantigas ou amosarnos fotos antigas onde nos poidan amosar como era a vida na súa nenez. Queremos que visiten a nosa leira e que nos acompañen na importante viaxe de lembrar a música, os bailes, os xogos e o estilo de vida do seu tempo.
Chamade ou enviade un e-correo, whatsapp (658715569), e concertade co profesorado a hora da vosa visita.

venres, 9 de marzo de 2018

SESQUINCENTENARIO DE JULES VERNE


Co gallo da celebración dos 150 anos da publicación de "20000 leguas de viaxe submarina", o alumnado de sexto de primaria desenvolveu difeentes actividades tanto dentro da escola como fóra dela. Investigaron e leron sobre o autor francés, os seus libros e a súa relación coa nosa cidade. Visitaron diferentes monumentos dedicados ao autor e maila súa obra, realizaron un mural, miraron a película (do ano 1954) e organizaron unha exposición que todos os interesados poden visitar. 


venres, 2 de marzo de 2018

VIDEOCLIP DO ROCÍO

Os nenos e nenas da escola presentan o  noso traballo á comunidade educativa dun xeito moi especial. 


GÚSTAVOS?