PAGINA

martes, 26 de setembro de 2017

A NOSA BIBLIOTECA

Iniciado o presente curso escolar 2017/2018, e logo duns días de traballo, a biblioteca da escola está xa case lista para botar a andar. 
  A pasada semana tivo lugar o MERCADO DE LIBROS USADOS E DE OCASIÓN, na que o alumnado adquiriu libros cos PIKEUROS acadados con moito esforzo o pasado curso. 


Esta semana xa está aberta na xornada matinal é a partir do luns día 2 de outubro, de 16 a 18h, comezarán os préstamos ás familias. Podedes pasar  pasar e acompañar aos vosos  fillos na súa aventura do saber, e por qué non tamén na vosa aventura do saber.
Temos ademáis un rechuncho de lectura para as familias 
NON PODES PASAR DE LELO.
ANIMÁDEVOS!

luns, 25 de setembro de 2017

PICOLINDO PRESENTANOS AOS SEUS NOVOS AMIGOS.

Picolindo, a mascota da nosa biblioteca, quere presentarnos a uns amigos, que xa levan días nas aulas da escola. Estes catro amiguiños acompañarannos e guiarannos ao longo do tempo para que sexamos quen de levar a cabo a difícil tarefa de traballar cooperativamente.
O debuxante vigués, Jacobo Fernández Serrano, concedeunos a honra de debuxar para nós os distintos roles da aprendizaxe cooperativa con personaxes das súas bandas deseñadas:
    • PORTAVOZ
    • SECRETARIO
    • AXUDANTE
    • COORDINADOR
 Dende o pasado curso escolar,   a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2015/2016 decidimos participar nun proxecto de formación en centros para a implantación da Aprendizaxe Cooperativa nas aulas, porque nos parecía un instrumento ideal para  lograr a inclusión e a cohesión social, e  permitíanos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. O profesorado pensa que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis.
 En resumo podemos decir que nas aulas  do Rocío,  o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan  persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanas.

venres, 22 de setembro de 2017

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTA NOVA AVENTURA DO SABER

Durante o seu desenvolvemento aprenderedes e afianzaredes coñecementos de todo tipo, facéndoos xirar sempre arredor do tema anual
DA EIRA Á CAPOEIRA
Tamén exploraredes as vosas posibilidades, as vosas capacidades e os vosos recursos. Tentaremos, pois, que espremades ao máximo o voso espírito cocoperativo e que avancedes no voso densenvolvemento persoal. 

E esta é unha importantísima e grande tarefa, na que non estaredes sós para desenvolvela; contaredes coa axuda e colaboración dos mestres e o que é máis importante, coas vosas familias, que son sempre unha inestimable axuda.

 Con todo isto, dispoñemos dos mellores vimbios para fabricar a gran CESTA DO SABER E DO COÑECEMENTO.



E tratando de construir esta cesta do saber, levamos xa dúas semanas, coñecemos a novos mestres, a novos compañeiros e compañeiras, e os máis cativos da escola, acaban de rematar o seu período de adaptación.