PAGINA

venres, 16 de xuño de 2017

COMEZA A COLLEITA

Despois de moito traballar na leira.... chega o momento desexado por todos: 



A COLLEITA



Hoxe foi a quenda dos rapaces de primeiro. 
Que contentos marchan para a súa casa coas leitugas!
Mañá de primeiro... ENSALADA





xoves, 15 de xuño de 2017

URBANIZARTE

O alumnado do quinto curso de educación primaria e varios alumnos de sexto participaron nun TALLER DE ARTE URBANA, que pretendía achegar aos nosos rapaces ao proxecto "VIGO CIDADE DE COR" que se desenvolve e transforma desde 2015 a cidade de Vigo.
Aos rapaces se lles trasmitiron as normas que non están escritas nnos creadores desta arte e que se basea fundamentalmente no RESPECTO.
Ademáis, fíxose moito fincapé en que o "STREET ART", non ten nada que ver co vandalismo.
Estupenda a iniciativa de MINGOS TEIXEIRA coa colaboración do Concello de Vigo para acercar o graffiti á escola.




mércores, 14 de xuño de 2017

PROCESO DE CAMBIO DE NOME

Dende o centro, queremos informar a toda a comunidade educativa, do proceso de cambio de nome do mesmo.
Como ben sabedes, levamos xa un tempo con este trámite. Chegados xa ao derradeiro paso, o Concello anímanos a recuperar a toponimia tradicional da zona; polo que propón que repensemos o nome e tomemos unha decisión definitiva.
Os órganos competentes do centro; CONSELLO ESCOLAR e CLAUSTRO, informados  da proposta do Concello, deciden tomala en consideración e apostar maioritariamente por ela.
Así pois, queda decidido, recuperar a toponimia tradicional e oficial e renomear o noso centro como:
                                                                     CEIP O RESÍO
Supoñemos que o cambio agradaravos tanto coma a nós. Enseguida nos afaremos a el.

Sentímonos satisfeitos por poñer en valor a nosa lingua e os nosos costumes e cultura e esta decisión, é un pasiño máis nese camiño.

A XESTEIRA

Os alumnos e alumnas do sexto curso de primaria non sabemos se serán capaces de coller hoxe o sono perante o gran día que lles espera mañá, a ansiada excursión de despedida da escola, no centro Multiaventura de a Xesteira no Concello de A Lama.
Os nosos alumnos irán acompañados polo seu mestre titor, a xefa de estudos e a mestra de música.
As súas experiencias serán marabillosas!.


Grazas Juan, Ana e Cris, pola vosa predisposición altruista de acompañamento e por facer posible esta saída.

OS EXPERTOS EN ARQUITECTURA VISITAN O PAZO DE CASTRELOS

O alummado do primeiro e segundo curso de primaria visitan o Pazo de Castrelo que foi doado por D. Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, á cidade de Vigo para ser dedicado a museo no ano 1924.
Os seus xardíns franceses os deixaron abraiados.

SAÍDA DIDÁCTICA AO ZOO

O alumnado do primeiro e segundo curso de primaria, dentro da súa programación, fixeron unha visita ao zoo.
Os animais e a súa contorna provocoulles moito interese e gozaron moito desta saída pois, perante un tema que provoca entusiasmo, o poder mirar os animais fronte a fronte, fai que a experiencia sexa única para eles.



martes, 13 de xuño de 2017

COÑECE AS ENERXÍAS CON CANCIÓNS

Os nenos de 3º de Primaria inventaron cancións para reflexionar sobre os usos da enerxía e coñecer que enerxías son renovables. Os deixamos coas creacións de Dani Sobrino coa canción "Pica, Pica, Pica" e Martín Álvarez e Martín Docampo coa canción "A enerxía". Todos os nenos da aula seleccionamos estas cancións para representar o traballo da nosa investigación.

Pica, Pica, Pica



A enerxía

venres, 2 de xuño de 2017

A PINTURA AO LONGO DO TEMPO

Bo día!!

O corredor da escola está a trocar. No pasado trimestre, apareceu unha cova chea de pinturas rupestres,

 Logo apareceu unha pirámide exipcia

E agora unha fermosa exposición de pintura ao longo do tempo.




















Os nenos e nenas da escola son uns grandes artistas!