PAGINA

martes, 21 de febreiro de 2017

A NOSA ESCOLA RECIBE UNHA MENCIÓN HONORÍFICA

O pasado venres día 17, nun acto celebrado en Madrid, a nosa escola recibiu unha mención honorífica polo traballo desenvolvido pola mestra MARÍA CARBALLO TUBÍO, durante o curso pasado baixo o título de YOGA-EMOCIONA.


Na seguinte ligazón podedes ver o discurso de agradecemento da profe.

MANDATOS DO MECO

Como cada ano, o meco segue a facer das súas e fixo que nenos e nenas, mestres e mestras, grandes e pequenos, todos viñeramos á escola con bata ou pixama. Ademais sorprendeunos a todos co seu adobío.



TEMPO DE ENTROIDO

Benqueridas familias, o Entroido está aqui, agardamos que esteades preparados para gozar cos vosos fillos e fillas destas datas tan divertidas.
Na escola, xa comezamos hai días a deseñar os nosos traxes e como non... entre tódolo alumnado de educación primaria deseñamos o novo MECO DA ESCOLA.
Este ano é un meco moi artístico, sabedes por que?.
AMARELO,
 PARA O CABELO.
VERDE,
PARA OS OLLOS,
PALETINAS,
 PARA OS BIGOTIÑOS 
E ESPONXAS
 PARA OS SEUS MOFLETIÑOS.
 HOXE, O ALUMANDO DO PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. 



venres, 3 de febreiro de 2017

METAL HENDERMAN, PROYECTO A20

O noso compañeiro Miguel González de 3º de Primaria conseguiu o noso recoñecemento pola súa creación literaria "Metal Enderman" unha historia de medo que gustounos a todos. Esperamos que gocedes dos primeiros capítulos e non dubidedes en pedirlle que vos lea o resto da historia, Miguel é un contacontos fantástico!!


mércores, 1 de febreiro de 2017

PAZ NA ESCOLA, PAZ NO MUNDO

O martes 31 de xaneiro celebramos no cole o 
Día da Paz.
Logo dunha semana chea de actividades: proxeccións, decoramos o cole con un precioso mural cheo de mans de paz, e unha fermosa actividade de investigación,  a hora de ler foi dun xeito especial, lecturas de paz dos maiores aos mais pequenios. Logo cantamos a cantiga dos bicos e dos abrazos, todos nos dimos unha aperta especial.