PAGINA

domingo, 25 de decembro de 2016

QUE BEN O PASAMOS CELEBRANDO O FESTIVAL DE NADAL 2016!

Este mércores, foi un día intenso na escola, pois celebramos o tradicional FESTIVAL DE NADAL e unha GRAN FESTA.
A primeira hora os nenos tiveron a presenza do PAXE REAL, e logo, cada curso tivo o seu ratiño para compartir a súa ARTE co resto da comunidade educativa.


Queredes ver as actuacións de novo?

Deixámosvos uns vídeos das distintas actuación. Esperamos que gozarades do día.
Grazas a todos e...
Moi felices festas!
OS CATIVOS DE PRIMEIRO LEMBRAN A ROALD DAHL, COA OBRA...
O CROCODILO ENORME




UNHA PANXOLIÑA PARA COMEZAR ...
TIN-TIN


OS DESEXOS DO ALUMANDO DE SEGUNDO PARA ESTE NADAL E UNHA CANTIGA EN INGLÉS,
"ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"




OS ALUMNOS DE QUINTO, COMO EXPERTOS NA MÚSÍCA, TRABALLAN A ÓPERA E DELEITAN ÁS FAMILIAS COA REPRESENTACIÓN DA ÓPERA:
A FRAUTA MÁXICA
 DE MOZART




O ALUMNADO DE CUARTO NOS DELEITOU CUNHA CANTIGA DE NADAL, 
"MAS ALLÁ"
GLORIA STEFAN


OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO,
QUEREN SABER 
QUEN FAI OS SEUS XOGUETES

sábado, 24 de decembro de 2016

O PAXE VISITA AOS NENOS E NENAS DO ROCÍO

AS FOTOS DOS PEQUENOS AS FOTOS DA ÓPERA AS FOTOS DA OBRIÑA DOS DE TERCEIRO AS IMAXES DA PANXOLIÑA DE CUARTO AS IMAXES DOS DESEXOS DE SEGUNDO CHOCOLATE MÁIS UVAS

venres, 23 de decembro de 2016

OBRADOIRO COS MESTRES: PRIMEIROS AUXILIOS

A ANPA da escola, facendo uso da súa escola de pais, axuda ao profesorado e ao alumnado a coñecer os pasos a dar en caso de necesidade en caso dun accidente. Todo elo grazas a colaboración de ALBERTO, pai dunha alumna do sexto curso de Educación Infantil, que ofreceu un curso de formación ao profesorado sobre PRIMEIROS AUXILIOS.
Ofreceu ao profesorado dous obradoiros moi interesantes para  aprender como reaccionar ante unha situación de emerxencia, como facer a maniobra de RCP,...

Os obradoiros foron de tanto interés que,.. a iniciativa trasladouse ao alumnado. Os nenos matriculados no sexto curso de educación infantil, primeiro, segundo e terceiro de primaria, tiveron dúas sesións impartidas por Alberto na que recibiron nocións básicas de como actuar ante distintas situacións tales como parada cardiorespiratoria e atragantamento. Estiveron todos moi atentos e activos. Agora co novo ano será a quenda dos máis maiores.


xoves, 22 de decembro de 2016

UN AGASALLO DE NADAL, CALENDARIO ANUAL

Parece que o curso académico acaba de comezar pero xa van aló tres meses de traballo.
 A temática anual do presente curso escolar é ...
  PaseArte polo Tempo,
polo que o noso alumnado, xa comezou a traballar as distintas artes, e nos deleita cun precioso calendario. Esperamos que vos guste.

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DEBUXAN O NADAL

Preciosos debuxos do noso alumnado cheo de creatividade e diversidade. Un NADAL de cores.

Despois de debuxar, toca decidir, que debuxos de cada curso será o elexido para a postal de Nadal. O alumnado, fixo un proceso electoral, que rematou coa selección de debuxos gañadores.

luns, 19 de decembro de 2016

FELICITACIÓN DE NADAL 2016

Bo día, achegamos a felicitación do Nadal 2016.






domingo, 18 de decembro de 2016

VISITAMOS UNHA SALA DE EXPOSICIÓNS

Visitar unha sala de exposicións, era unha visita imprescindible no ano no que Picolindo nos oferta PaseArte polo tempo.



Nesta visita aprendemos moitísimas cousas, as principais:

NORMAS DENTRO DA SALA

  • As obras de arte son únicas e valiosas.
  • As debemos respetar e conservar para as xeracións futuras,
  • Son fráxiles e non podemos tocalas, polo que non podemos achegarnos a elas. Debemos visualizar as obras deixando unha distancia prudencial.
  • As fotos con flash están prohibidas, pois prexudican ás obras.

  • Non se poden usar os móbiles na sala.
  • Non se pode comer no museo.
  • Non se debe entrar con mochilas, se deixan nun gardaroupa.
COMO ANALIZAR UN CADRO
  • Fixámonos no tipo de pincelada que utiliza o autor
  • Se o autor utiliza as cores ou non
  • Se é figurativa ou non figurativa
  • Se é concreta ou abstracta
  • ...
Os maiores o pasamos moi ben con Pintafontes, convertémonos en detectives e estivemos na pescuda de distintas obras de arte.

venres, 2 de decembro de 2016

DESCUBRINDO A ROALD DAHL



O Proxecto " DESCUBRIMOS A ROALD DAHL", está a ser desenvolvido polo alumnado de toda a escola. Consta dunha fase de iniciación e motivación do alumnado a través da lectura de diversos libros e o visionado de curtas; unha fase de traballo, na que se tratan aspectos relacionados coa lingua, tales como biografía do autor, tipo de textos, características comúns dos libros,  como son levados ao cine,.. e remata cun gran traballo en colaboración coa comunidade educativa e coa contorna. 
Agradecemos a colaboración de tódalas   persoas , e damos os  parabéns aos nenos polo seu gran traballo!.
Agradecer aos establecementos colaboradores,
  •  PIZZERÍA LEMAN, KIOSKO FLORA, 
  • SUPERMERCADO FROIZ, OPTICA STUDIO,
  •  LENCERÍA BOM BOM, 
  • O VOSO LAR, PAPELERÍA ZOILA, 
  • ACADEMIA DE BAILE MEDIA PUNTA, 
  • CLÍNICA VETERINARIA VETÍA, 
  • FARMACIA HERMIDA, 
  • MÁIS QUE AUGA, 
  • MUNDO SONORO,
  • OS LOBIÑOS E LIBRERÍA HOBBIT
 a súa inestimable axuda para que este proxecto poidera saír adiante.

    



NADAL DE CINEMA NO ROCÍO CON ROALD DAHL

Por fín comeza o ciclo de cine de ROALD DAHL. 

LÉMBRADE:


  • Os nenos e nenas menores de 10 anos deberán vir acompañados dun adulto.
  • Non se poderá entrar á sala, pasadas as 16:15h


Mostrando cartel.jpg

Grande éxito desta iniciativa!