PAGINA

xoves, 31 de marzo de 2016

TÍTERES NA ESCOLA: O ENCANTAMENTO DA NENA

As alumnas do cuarto e sexto curso de Educación Primaria:

  • Aroa Arias
  • Eva González
  • Cynthia Villavarde e,
  • Alba Pérez,
presentadas pola alumna Lucía Jorge, engaiolan a tódolos nenos e nenas da escola cun grande espectáculos de títeres.



GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E POLO VOSO ESFORZO!!!





Entrevista a un atleta olímpico: David Gómez

A quinta entrega do noso proxecto anual de Innovación é a seguinte entrevista realizada polos alumnos de 1º de Ed. Primaria. Os nosos xornalistas entrevistaron ao atleta David Gómez, que participou nos Xogos Olímpicos de Athenas e Beijing, na proba atlética de Decathlon.

 Despois dunha palestra moi interesante na que todos os alumnos de Primaria coñecemos "desde dentro" como son uns Xogos Olímpicos, os alumnos de 1º quedamos con el para que respondese ás nosas preguntas:

venres, 18 de marzo de 2016

PLAN PROXECTA: MONTEENTÉRATE

Como parte do Plan Proxecta "Montentérate", no día de onte, o alumnado do terceiro e cuarto curso de educación primaria, fixeron unha saída didáctica moi interesante. Foron  visitar os montes de Matamá, onde coñeceron de primeira man a riqueza patrimonial e natural que ofrecen os montes da nosa cidade. Tamén observamos os distintos usos e aproveitamentos do monte, tanto do presente como do pasado. Fixemos parte do percorrido do sendeiro local Matamá-Comesaña e os lugares que visitamos foron os seguintes:
  •   a Fraga das Alvorezas.  
No inicio da nosa camiñada, atopamos un enorme "oceano" de eucaliptos, atravesado pola vía VG-20. No medio desta extensión de eucaliptos, atopamos unha pequena "illa" de caducifolias, coñecida como a Fraga das Alvorezas. A Comunidade de Montes de Matamá é responsable deste espazo e está traballando para recuperar as poboacións de vacalouras, pois estes insectos son un bo indicador da calidade ecolóxica dos bosques, xa que só se reproducen en bosques maduros e ben conservados.

* Os petróglifos das Millaradas.

Próxima á anterior parada, atopamos os petróglifos das Millaradas. Testemuñas das poboacións neolíticas que habitaron estes montes de Matamá hai arredor de 4000 anos. Os petróglifos son deseños que aparecen gravados nas rochas en moitas zonas de Galicia. Algúns destes deseños son motivos abstractos: coviñas, círculos, liñas... Noutros petróglifos podemos atopar tamén representacións de animais e armas. As tres estacións das Millaradas ofrecen sobre todo motivos abstractos dificiles de interpretar, mais tamén observamos unha rocha na que aparecía un cervo representado. Ten a súa importancia, xa que en todo o concello de Vigo este é o único cervo que aparece nos petroglifos dos montes de Vigo. Non era a mellor hora para ver os petróglifos (o mellor é ir de noite e darlle luz a rentes do chan cun foco) así que para poder revelar os segredos das rochas fixemos un calco sobre un plástico transparente, con moito coidado para non danar a pedra.

* O muíño da Regueira

Deixamos os petróglifos e baixamos máis dun quilómetro ata o lugar de Sanín, no límite de Matamá con Comesaña, onde se atopa o muíño da Regueira. Este muíño estaba feito unha ruína ata que o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a veciñanza de Matamá se puxeron mans á obra para rehabilitalo. Así, en 2008, o muíño volveu a moer, setenta anos despois. Un deses veciños que participaron na súa reconstrución foi Manuel Costas, que nos estaba agardando no muíño para explicarnos todos os detalles.

* A casa de Manolo

Despois de mostrarnos a todos o muíño e explicarnos cal era o seu funcionamento e o importante papel que desenvolvía nas sociedades de antano, Manolo convidounos á súa casa, onde ten un auténtico museo etnográfico, froito da súa afición a recoller e restaurar aparellos antigos. Na súa casa vimos desde aparellos de labranza (sementadoras, arados,etc), aparellos para os animais (xugos, carros,etc), ferramentas de oficios tradicionais ( zapateiro, ferreiro, canteiro... ) e ata un futbolín de madeira! Tivemos que despedirnos de Manolo antes de puidese mostrarnos todas as cousas que tiña alí, pero así quedamos con ganas de máis e outro día volveremos.

A actividade estivo organizada polo mestre de Educación Física, que a través do proxecto Monteentérate, programou unha andaina de dous kilómetros aproximadamente, na que os rapaces gozaron da natureza e dunha contorna de excelencia.
Nas imaxes podedes descubrir, algunha das cousas que eles viviron.




Se queredes máis información aquí tedes un folleto do sendeiro

martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Na escola, celebramos o día 8 de marzo cunha actividade moi especial.
A ANPA
 decidiu colaborar coa escola nesta data tan sinalada
 e, trouxo á escola
 a unhas rapazas
 que desenvolveron un contido tan importante coma este 
que levaba como títuto
 "PINTANDO PRINCESAS".
Participou todo o alumnado da escola,
 polo que os obradoiros,
 variaron en función 
da idade dos nenos.