PAGINA

sábado, 27 de febreiro de 2016

Homenaxe a Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía gravando este vídeo no que participamos todos os cursos da escola. 

Ademais, os alumnos de 6º de Primaria foron os encargados de facer a edición deste vídeo, que forma parte do noso proxecto de innovación. Deixamos aquí un dos que máis nos gustou.

venres, 26 de febreiro de 2016

CONTACONTOS GINA GINGER AND CHARLIE CHIVES



A tarde do venres 19 de febreiro grazas a Kids & Us Vigo gozamos do divertido cuentacOntos Gina Ginger and Charlie Chives.
Charlie e Gina son veciños, sempre se pelexan e gástanse bromas pesadas. Como poden facer as paces?
Grazas a tod@s l@s niñ@s pola súa entusiasta participación!

Aquí deixámosvos unhas imaxes:

xoves, 25 de febreiro de 2016

TITORIAL FUTBOL GAÉLICO

Terceiro traballo do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, desta vez dedicado a expoñer como é o xogo do Fútbol Gaélico, un deporte que levamos varios anos practicando na nosa escola e que nos últimos tempos está a coller moito pulo en Galicia. Esperamos que vos guste!!

mércores, 24 de febreiro de 2016

UNHA MANCHEA DE EMOCIÓNS NA COCIÑA DO ROCIO

O pasado martes día 23, o alumnado do cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria fixeron de cociñeiros. Chegou o momento das
orellas de entroido
que non tiveramos tempo de facer pola proximidade co Nadal.
Nada mellor que ver as caras dos nenos e nenas.


AMASANDO

domingo, 14 de febreiro de 2016

OS XOGOS OLÍMPICOS DA ANTIGÜEDADE

Visionando este vídeo poderes aprender cousas sobre os xogos olímpicos da antigüedade







A música dos xogos:




mércores, 10 de febreiro de 2016

PASARRÚAS DE ENTROIDO

Un ano máis, na escola celebrouse a tradicional festa do entroido. Nenos e nenas ataviados con disfraces olímpicos feitos na escola en colaboración coas familias fixeron un pasarrúas ata Bouzas para gozar do ambiente das comparsas. Día de diversión no que a vergoña pasa a un segundo plano.




Finalizado o pasarrúas, tocou facer o xuízo ao Meco que tantas ordes mandou ao longo da semana. Como foi moi malo, este ano tocoulle ser queimado. Na seguinte grabación podedes ver o ben que o fixeron os rapaces.




Grazas familias pola vosa colaboración. As sobremesas souberon unha chea.

xoves, 4 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Benqueridas familias, este é o programa do Entroido correspondente ao presente curso escolar.

martes, 2 de febreiro de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, 30 DE XANEIRO

O presente curso escolar, decidiuse celebrar esta conmemoración cunha actividade interactiva 
A PEDRA DA PAZ
na que a colaboración das familias facíase imprescindible.
 Pedíuselle ás familias que trouxeran da súa casa tres pelouros, 
que foron pintados nas aulas coas cores dos aneis olímpicos e levaronnos de volta ás súas casas para que escribiren neles mensaxes ou debuxos de paz e solidariedade.
Os pelouros foron devoltos á escola para poder facer entre todos a seguinte composición.



A continuación, entre todos cantamos e bailamos a "Cantiga dos abrazos", dúas cancións entrelazadas de CE-ORQUESTRA PANTASMA, "Un abrazo pequeniño" e "Un bico polo aire"



Agradecer coma sempre a participación das familias nesta actividade.