PAGINA

martes, 30 de xuño de 2015

GRADUACIÓNS E FIN DE CURSO:"A 1º VOU..."

SE QUEREDES VER TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON,NO FIN DE CURSO,NO AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTÍL,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.

OS NEN@S,XA DE PRIMEIRO,E A PROFE MARICRUZ VOS DESEXAMOS UNHAS...

FELICES VACACIÓNS!

mércores, 24 de xuño de 2015

sábado, 20 de xuño de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO.

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

Este foi o destino elexido polo profesorado para facer a última saída didáctica do curso escolar 2014/2015.
Marabilloso lugar da natureza!!


O Monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978. Está situado no concello de Tui (Pontevedra)  A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

domingo, 14 de xuño de 2015

FESTA FIN DE CURSO ANPA 2015

Tarde marabillosa
 onde os nenos e nenas da escola poideron disfrutar coas actividades que a asociación de pais e nais tiñan preparada.
Comezamos coas exhibicións do grupo de baile e de taekwondo.
 Logo foron os inchables e...
 finalmente a festa da escuma. 

TARDE MOI DIVERTIDA!!!

luns, 8 de xuño de 2015

VISITA AO CONCELLO DE VIGO.

Os nenos e nenas de quinto e sexto curso de educación primaria, realizaron unha visita ao Concello de Vigo. Nesta saída, puideron descubrir como é o funcionamento do Concello dunha cidade tan grande coma a nosa.
A Casa do Concello é a casa de toda a cidadanía. Nela traballan moitas persoas. Os funcionarios desenvolven o seu traballo en distintos departamentos. Descubriron a lonxa, os laboratorios, o departamento de tráfego,... e estiveron na Sala de Plenos onde están os representantes que os cidadáns eleximos nas eleccións municipais.
Foi unha visita marabillosa!

venres, 5 de xuño de 2015

A FUNDACIÓN SALES.



Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria sairon da escola coas súas mestras e acompañados por algún pai e nai camiñaron ata a Fundación Sales, situado na avenida de Europa. Un fermoso lugar cheo de plantas terrestres e acuáticas. Un espazo  que conta cunha gran variedade de prantas silvestres e cultivadas de grande interese para os visitantes.