PAGINA

venres, 29 de maio de 2015

UNHA MAÑÁ NO CIRCO.

Hoxe foi un día especial.
 Os nenos e nenas fixeron unha actividade especial.
 Fumos os espectadores dunha magnífica sesión de...
CIRCO


venres, 22 de maio de 2015

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL

Este xoves, seguindo coa programación xeral anual, e dentro do noso proxecto investigador das sete marabillas do mundo,

 CELEBRAMOS

 O DÍA MUNDIAL

DA DIVERSIDADE CULTURAL 

UNESCO

 Viñeron á escola os papás e mamás voluntarios e colaboradores para falarnos da súa experiencia visitando ou vivindo preto destas maravillas. A experiencia, completa as xornadas de expertos que tiveron lugar na nosa escola ao longo da semana da prensa.

 

 

 

 

 


GRAZAS, MAMÁS, PAPÁS  E TÍOS. 

martes, 19 de maio de 2015

OS MAIOS E AS LETRAS NO ROCIO

Chegado o mes de maio é tempo de celebracións. Na escola, coma ven sendo costume, nunha mesma data celebramos dúas das grandes festas da nosa terra. Por unha banda, facemos un maio e pola outra traballamos o autor homenaxeado polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A festa dos Maios, é unha celebración primaveral que se ten costume de celebrar o primeiro domingo do mes de maio. Nesta festa, contanse coplas adicados á primavera. Os alumnos e alumnas de primaria prepararon cadansúa estrofa e están unidas por un retrouso que xa todos coñecemos.
Na nosa comunidade a celebración desta festa é diferente dependendo na zona na que nos situemos, diferenciandose claramente as tradicións da zona norte de Galicia da do sur. Preto nosa son moi coñecidos os maios de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Verín e Ourense entre outros.


Esta festa a acompañamos do baile das fitas, representado sempre polo alumnado de cuarto de primaria.



Este ano o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS  é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra.

mércores, 13 de maio de 2015

DERRADEIRA POSTAL!! ONDE ESTÁ PICOLINDO?

Ola rapaces!!! 
A viaxe MARABILLA remata con esta POSTAL!!
 CAL É A TÚA MARABILLA FAVORITA?
Escríbeme un COMENTARIO!!
A min gustáronme todos os países que visitei!!
E a tí, qué PAÍS gustaríache coñecer?
Parabéns polo voso traballo de investigación!!

Sodes uns grandes investigadores!!

  A  7º marabilla podes atopala no continente Americano.

A cultura do país da 7º MARABILLA tamén é singular.

http://es.wikipedia.org/wiki/M%C3%A9xico
 
INVESTIGA 
e

 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO

Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.

Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou

achega webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!

Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!

Moita sorte!!

A séptima POSTAL xa chegou a escola...

xoves, 7 de maio de 2015

HABLANDO CON LAS MANOS

Las personas sordas o con poca audición utilizan un lenguaje de signos que substituye al lenguaje oral. Para expresarse emplean, gestos y movimientos de la cara, las manos, los brazos y el cuerpo. 
Una alumna de 5º de nuestra escuela conoce el lenguaje de signos y nos ha traducido un cuento.
DISFRÚTALO
Gracias Sharay
El ALFABETO MANUAL es una representación de las letras del alfabeto con las MANOS

Se cree que lo inventó en el S. XVI un pedagogo español.
 PEDRO PONCE DE LEÓN.
APRENDE LENGUA DE SIGNOS
¿Quieres cantar una canción e interpretarla con LENGUA DE SIGNOS?
EL SUEÑO DE PEDRO es un vídeo de animación de 3D. Trata un chico sordo llamado Pedro que sueña con cambios en la educacion de las Personas Sordas.