PAGINA

martes, 24 de marzo de 2015

PLAN PROXECTA: ALIMENTATE BEN.



DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA ESCOLA.
Resultado de imaxes para FROITA NA ESCOLA




Hoxe comezou unha das catro semanas nas que se distribuirá froita fresca ao alumnado.
Levamos xa tres anos incorporados ao Plan de consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos e alumnas.
O plan englobado nun proxeto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. A froita ofrécese no momento do recreo, á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saude non sexa recomendable. A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas do 23 ao 27 de marzo. O éxito do plan depende moito da vosa colaboración.
 Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumnos, organizaremos actividdes de ambientacikón e traballo en equipo, e comezaremos a traballar na horta escolar...
E as familias precisamos que levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así, poderá ter éxito este programa.

luns, 23 de marzo de 2015

A ECLIPSE DE SOL DO 20 DE MARZO DE 2015.





 
O pasado venres día 20, tivo lugar unha eclipse solar total, a Lúa cubriu o Sol. O eclipse puido verse na nosa cidade ao igual que en diferentes países de Europa. Dentro de quince días, viviremos unha eclipse lunar.
Na escola traballouse este acontecemento. Proba delo a explicación e os debuxos dos rapaces do sexto curso de educación infantil.

xoves, 19 de marzo de 2015

HOXE VISITOUNOS.... VICENTE MUÑOZ PUELLES.

Resultado de imaxes para oscar e o leon de correos

O escritor Vicente Muñoz Puelles, visitou hoxe a nosa escola. Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria tiveron unha fermosa experiencia cun grande escritor.
Trala lectura do libro OSCAR E O LEÓN DE CORREOS, coñecer ao autor espertou grande interese no alumnado.
Vicente Muñoz Puelles nado en Valencia, recibiu multitude de premios, gañando no 1999 o Premio Nacional de Literatura Infantil con este libro.

martes, 17 de marzo de 2015

HOXE VISITA A NOSA ESCOLA... GONZALO MOURE.

Os nenos e nenas de cuarto curso de educación Primaria, tiveron a ocasión de coñecer a Gonzalo Moure, autor do libro recomendado pola mestra de lingua para a lectura neste trimestre.

Gonzalo Moure naceu en Valencia no ano 1951, estudou Ciencias Políticas, exercendo o xornalismo, fundamentalmente en radio, a principios dos anos setenta. En 1989, pasou a dedicarse integramente á escritura. En 1991 publicou a súa primeira novela, Geranium, que foi incluída na Lista de Honra do IBBY. Desde entón obtivo numerosos premios polas súas obras de literatura infantil e xuvenil.

  •  O bocexo do puma (2000), 
  • Palabras de Caramelo (Xerais, Sopa de Libros 2003), 
  • Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake (Xerais, Fóra de Xogo 2004),
  •  A noite do Risón (Xerais 2007), 
  • Cama e conto (Xerais 2010). 
En lingua castelá publicou,
  •  ¡A la mierda la bicicleta! (premio Jaén 1993), 
  • Lili Libertad (Premio Barco de Vapor 1995),
  •  Maíto Panduro (premio Ala Delta 2001),
  •  El síndrome de Mozart (Premio Gran Angular 2003).

    xoves, 12 de marzo de 2015

    ODAIKO PERCUSIÓN.

    O alumnado do quinto e sexto curso de educación primaria asistiron ao Auditorio NovaCaixaGalicia para gozar do espectáculo musical "Invención a cargo de Odaiko Percussion Group.