PAGINA

venres, 27 de febreiro de 2015

ONDE SE ATOPA PCOLINDO? 5º POSTAL

Ola rapaces!!! estou emocionado nesta MARABILLA!!
Encántanme todos os países que vou visitando!! pero neste lugar síntome un verdadeiro EXPLORADOR!! 
Aínda que abandonar INDIA foi triste.. Sabedes que cando os INDIOS moven a cabeza de lado (como nós diríamos NON) eles queren dicir que SÍ... Imaxinádevos as confusións!!
Parabéns polo voso traballo de investigación!!

Sodes uns grandes investigadores!!

  A  5º marabilla podes atopala no continente asiático pero esta vez non estou na China, nin India.

A cultura do país da 5º MARABILLA tamén é singular.

http://es.wikipedia.org/wiki/Jordania

  INVESTIGA 

e

 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO

Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós. Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!

Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!

Moita sorte!!

A quinta POSTAL xa chegou a escola...


utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA 


martes, 24 de febreiro de 2015

NO ENTROIDO AS MARABILLAS ENCHEN O ROCÍO.

Este ano, o ENTROIDO na escola representou as 
SETE MARABILLAS DO MUNDO.
Estupenda festa coa que gozou toda a comunidade educativa.
 O entroido foi unha vez máis o rei da escola. 
A pesares da choiva,
 soubemos seguir as bromas do noso meco mandón. 
Enfrascarnos no máxico mundo das marabillas sacou o mellor de nós. 
Que máis dicir?
Grazas papis e mamis por acompañarnos nesta data tan nosa!
As imaxes falan por nós. Non hai verbas para describir o ben que o pasamos.

xoves, 19 de febreiro de 2015

CORES DE PAZ

 Chegou o día da estrea do noso vídeo da PAZ
Imaxinas 200 nen@s sentados facendo voar 200 globos de cores? 
SERÁN CAPACES DE AGUANTAR O RETO?
A maxia da PAZ é descubrir que non se precisan ÓRDES (para que non se levanten absortos pola emoción) senón EXPLICACIÓNS (para comprender que necesitámolos a tod@s)

luns, 9 de febreiro de 2015

ALBA PÉREZ GAÑADORA DO CONCURSO VIGOLANDIA 2015.

A alumna do terceiro curso de educación primaria, ALBA PÉREZ VILLA, recibiu de mans do alcalde ABEL CABALLERO, un agasallo por ser unha das gañadoras do concurso de Vigolandia deste ano.
Noraboa!!!. 
Continúa a traballar así.

O MECO MANDA

Moitas horas de traballo, moitos nenos e nenas artellando na aula de plástica ao longo do mes de xaneiro, para que todos e todas quedasemos sorprendidos do meco siamés deste ano. 
Si, señores e señoras!,
 é un meco con dúas cabezas!!
A meca ordea, 
o meco condena e castiga aos desobedientes.
Estade atentos, dende este venres día 6 o meco manda na escola.

mércores, 4 de febreiro de 2015

PAZ 2015. AS MARABILLAS DA PAZ.

Fermosa celebración do DÍA DA PAZ.
Moitas grazas familias!
Grazas por participar e traballar connoscol!
Traballando en equipo, o traballo é máis sinxelo.
Tal e como dixo un grupo A PAZ É GRATIS!!!!

Mostrando PacoN BrincaVai.JPG 

PACO NOGUEIRAS, e a súa composición do BRINCA VAI, APERTAS QUE VOAN, acompañounos neste acto tan festivo.