PAGINA

mércores, 28 de xaneiro de 2015

ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 4º POSTAL

Ola rapaces!!! xa estou de volta despois das vacacións de NADAL!! 
Viaxar é unha MARABILLA!!
Encántame todos os países que vou visitando. Gozar do Nadal en Brasil foi unha LEDICIA. Sabedes que en Brasil é verán durante o Nadal e como non hai neve PAPÁ NOEL usa un trampolín para repartir os agasallos!!
Parabéns polo voso traballo de investigación!!

Sodes uns grandes investigadores!!

  Para visitar a 4º marabilla tiven que voltar o continente asiático pero esta vez non estou na China. Este país ten unha cultura moi diferente a nosa. Conviven con moitas relixións e todas son moi interesantes!!

A cultura do país da 4º MARABILLA tamén é singular.

  INVESTIGA 
e
 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO
Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.
Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou
achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!
Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!
Moita sorte!!
A cuarta POSTAL xa chegou a escola...


Se as pistas de PICOLINDO non son dabondo
utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA 
A civilización India

A historia do TAJ MAHAL
Tour virtual
Las 3 Mellizas en la India
Vivir en el AHORA
Conto infantil "Vacaciones en la India"
NAMASTÉ

mércores, 7 de xaneiro de 2015

ACTUACIÓNS NO FESTIVAL DE NADAL.

Estupendas foron as actuacións dos nenos e nenas da escola. Esta é unha pequena mostra das mesmas. Tedes que desculpar pola calidade do son, pois diante da cámara atopabanse 73 alumnos de educación infantil e detrás dela, que vos vou contar!!. De tódolos xeitos, un fermoso recordo.

EDUCACIÓN INFANTIL.



PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA. Colaboraron cos cativos os nenos e nenas de sexto de primaria.




SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA.



TERCEIRO CURSO DE PRIMARIA.




CUARTO DE PRIMARIA.


QUINTO DE PRIMARIA.