Un fermoso agasallo de Nadal é o que fixeron os nenos, nenas e mestres da escola ás familias o pasado día 19 de nadal. Todos e cada un dos cursos deleitaron a grandes e pequenos coas súas actuacións. Ademáis permitironnos descubrir novas cualidades dalgún dos nosos alumn@s. Noraboa a todos!!!.
PAGINA
▼
martes, 30 de decembro de 2014
luns, 29 de decembro de 2014
UN AGASALLO DE NADAL.
Os nenos e nenas da escola debuxan a súa Postal de Nadal para agasallar a toda as familias e nos desexan que pasemos un Bo Nadal.
domingo, 28 de decembro de 2014
VISITA DO CARTEIRO REAL.
Como cada ano, os alumnos e alumnas da nosa escola poideron gozar da presencia na nosa escola do Carteiro Real. Todos e cada un dos cursos pasaron pola entrada da escola e lle entregaron as cartas cos seus desexos de Nadal.
sábado, 27 de decembro de 2014
ASTRONENOS.
Astronenos é unha exposición interactiva na que os nosos alumnos experimentaron algunha das sensacións que viven os astronautas. Vestironse xon traxes e cascos espaciais e traballaron en tres espacios, o Espacio Cultural, o Espacio Terra e o Espacio
Lunar.
Desta actividade gozou o alumnado do primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso de educación primaria no Centro Comercial Travesía.
mércores, 17 de decembro de 2014
CALENDARIO 2015.
Seguindo a tradición da nosa escola. O alumnado coa axuda do profesorado elaboraron este marabilloso calendario para agasallar ás familias neste tempo de Nadal.
Esperamos que sexa do voso agrado.
BO NADAL E VENTUROSO ANINOVO 2015!!
- Pedro Comesaña. 5º Educación Infantil.
- Sandra Caamaño. 2º Educación Primaria.
- Vanessa Sío. 4º Educación Primaria.
- Candela Comesaña. 6º Educación Primaria.
mércores, 3 de decembro de 2014
ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 3º POSTAL
Parabéns polo voso traballo de investigación!!
Sodes uns grandes investigadores!!
A 2º marabilla atopábase nun país moi lonxano cunha cultura moi diferente a nosa. É moi interesante descubrir novas formas de vivir!!
e
escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO
Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.
Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou
achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!
Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!
Moita sorte!!
A terceira POSTAL xa chegou a escola...
Se as pistas de PICOLINDO non son dabondo
utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA
Conoce a súa historia...
Algúns datos de interese
Un quebracabezas
REPARACIÓN
Imaxes de BRASIL
Mira como bailan CAPOEIRA
venres, 21 de novembro de 2014
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS.
O 20 de novembro do 1959, e xa van alá moitos anos, proclamouse a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS e
seguimos vivindo múltiples situacións nas que
eses dereitos están ameazados ou simplemente non existen.
Malia estar en castelán, aquí tedes unha listaxe dos dereitos dos nenos e nenas.
luns, 17 de novembro de 2014
DEBUXAMOS A PRIMEIRA MARABILLA.
Picolindo enviounos a postal e nos debuxamos o noso particular Coliseo. Este anfiteatro deunos moito traballo. Todos os debuxos son marabillosos e o mellor de todo, todos son distintos e igual de bonitos. Tedes uns fill@ e nos uns alumn@s que son marabillosos.
MAGOSTO 2014
Coa chegada do outono, chega o tempo de celebracións tan tradicionais coma o MAGOSTO. O pasado martes día 11, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos na escola esta festa tan tradicional. Ornamentada a escola para a ocasión, coa colaboración das familias celebramos unha festa que estivo presidida pola nosa castañeira.
Xunto ás castañas asadas que o noso porteiro Quique, xunto coas familias prepararon no centro para a ocasión,
sumáronse ao programa desta festa unha morea de obradoiros polo que pasaron tódalas aulas. Puideron xogar aos trompos, á culler-castaña, carreiras de zancos, tragacastañas con fisgas, camiño de castañas e incluso un karaoke.
E a choiva cesou. Despois de facer estes obradoiros nos corredores da escola, pasamos a gozar do magosto no patio, xa que o sol decidiu sumarse a esta festa tan " marabillosa".
luns, 10 de novembro de 2014
TEMPO DE MEDO, TEMPO DE SAMAÍN NO ROCÍO.
Nas últimas datas, a entrada da nosa escola convertiuse nun corredor terrorífico coa vosa colaboración. Unha festa tradicional celta que ano tras ano fai o deguste do noso alumnado.
Agora xa estamos agardando polo tempo do MAGOSTO!.
Os nenos e nenas de sexto prepararon unha cantiga de ... Meeeddoooo.
domingo, 9 de novembro de 2014
OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E SEGUNDO VISITAMOS O ZOO.
Dado que os animais adoitan motivar moito os alumnos, propuxose unha saída ao zoo para poder observar directamente aos animais, o que nos vai a axudar a distinguilos, a recoñecer as súas principais funcións vitais e clasificalos. A saída foi todo un éxito.
venres, 7 de novembro de 2014
PLAN PROXECTA: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.
Por segundo ano consecutivo, desenvolvemos na escola o programa PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.
Este programa consta desta actividade formativa destinada a sensibilizar ao noso alumnado de Educación Primaria sobre a importancia de levar unha vida saudable e ensinar unhas pequenas pautas moi sinxelas para levar a cabo unha alimentación sa . Un xeito é a través da explicación da industria conserveira, que en Galicia está moi arraigada.
Os nosos alumnos nunha sesión fixeronse un bocata con leituga, tomate, cenoria, millo, olivas, sardiñas e atún, que logo degustaron no seu tempo de lecer e foron partícipes dun obradoiro na que se lle axudaba a coñecer os distintos grupos de alimentos e as cantidades que se deben tomar cada día para estar sans. En definitiva aprenderon a crecer de xeito saudable.
xoves, 6 de novembro de 2014
ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 2º POSTAL
Parabéns polo voso traballo de investigación!!
Sodes uns grandes investigadores!!
A 1º MARABILLA foi sinxela de adiviñar,
pero este lugar é moito máis lonxano e diferente...
Sería moi interesante que ademais de
escribir o lugar onde me atopo
busquedes información sobre ese lugar,
contedes a vosa experiencia ou a dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou
acheguedes webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!
Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!
Moita sorte!!
A segunda POSTAL xa chegou a escola...
Se as pistas de PICOLINDO non son dabondo
utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA
Goza con estes debuxos
Pide axuda a un adulto e descubre o secreto da MURALLA CHINESA nesta ACTIVIDADE INTERACTIVA
Investiga con estes VÍDEOS
Investiga con estes VÍDEOS
luns, 3 de novembro de 2014
O SAMAÍN DOS NEN@S DE 6º DE ED. INFANTÍL(5 ANOS).
É TEMPO DE OUTONO ,DE CASTAÑAS,DE NOCES,DE VENTO,DE FOLLAS
VERMELLAS,DE DÍAS CURTOS E NOITES LONGAS E ESCURAS.
NOS CAMPOS RECÓLLENSE AS CABAZAS E NALGUNHAS
ALDEAS DE GALIZA,AÍNDAN TALLAN ARREPIANTES CAVEIRAS.DENTRO MÉTENLLES CANDEAS
ACESAS E PÓÑENAS NO ALTO DUN VALADO PARA QUE,AO ESCINTILAR POLA NOITE,DEAN
MEDO.
É A FESTA DAS MEIGAS E PANTASMAS.OS RATOS
ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE,COMO SE POÑEN AS PEBIDAS DAS CABAZAS A SECAR,TEÑEN
ONDE RILLAR.
OS NEN@S DISFRÁZANSE CON COUSAS QUE TEÑEN NAS
SÚAS CASAS E SAEN ÁS RÚAS E CARREIROS,PETANDO NAS PORTAS DOS SEUS VECIÑOS.CANDO
ESTES ABREN AS PORTAS DAS SÚAS CASAS ELES PÍDENLLES"CHULAS DE CABAZA OU
PESETAS",SENON,
SERÁN ASUSTADOS NO MOMENTO MÁIS
INESPERADO.
OS NEN@S DE 5 ANOS FIXERON O MESMO,TENTANDO
MANTER VIVA ESTA TRADICIÓN ANCESTRAL.
SE QUEREDES SABER COMO VIVIRON ESTA FESTA OS
NENOS E NENAS DE 6º DE ED. INFANTÍL,PREMEDE NA FOTO DE PERECHO.
domingo, 26 de outubro de 2014
A WEBMIX,DOS NEN@S DE 5 ANOS,SOBRE OS ROMANOS E O COLISEUM.
OS NEN@S DE 5 ANOS E A PROFE MARICRUZ ESTANSE A FACER EXPERTOS NOS ROMANOS E NO COLISEUM,POLO QUE ESTÁN A CONFECCIONAR UNHA ESCOLMA DE WEBS INTERESANTES PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS.
DESEXAMOS QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POIDA BENEFICIARSE DO NOSO TRABALLO.
PARA CONSULTALA TEDES QUE PREMER NO DEBUXO ON-LINE DO COLISEUMQUE FIXERON OS RAPACES DE 5 ANOS.
PARA CONSULTALA TEDES QUE PREMER NO DEBUXO ON-LINE DO COLISEUMQUE FIXERON OS RAPACES DE 5 ANOS.
TEDE EN CONTA QUE PODEREDES CONSUTALO SEMPRE QUE QUEIRADES E QUE É UNHA ESCOLMA DINÁMICA QUE SE PODE AMPLIAR DURANTE O CURSO.
ADMITIMOS SUXERENCIAS QUE SE PODERÁN ENVIAR ,POR E-CORREO ,Á PROFE MARICRUZ AO SEU ENDEREZO:
macusanbla@gmail.com
UN BIQUIÑO MOI FORTE A TOD@S.
UN BIQUIÑO MOI FORTE A TOD@S.
sábado, 25 de outubro de 2014
24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares.
Dende o blogue das bibliotecas escolares de Galicia, nos recordan que o día 24 de outubro está sinalado, no Calendario do Libro de Galicia, como o
Día das Bibliotecas.
Coa celebración deste día, preténdese destacar a importancia das
Bibliotecas como lugares de encontro coa cultura, como ferramentas de
formación e espazos para a convivencia e o aprendizaxe.
Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión, co lema
Biblioteca escolar... Matemático!!!
o cartel é obra de David Pintor.
Nós queremos aproveitar esta data tan sinalada para dar a saída oficial das
MOCHILAS VIAXEIRAS
e facer a entrega oficial dos carnets dos novos usuarios e o tríptico de funcionamento da mesma.
Picolindo, a nosa mascota , visitou todas as aulas e lles informou aos nenos e nenas da escola como é o funcionamento das mochilas.
Bo Día das Bibliotecas!!!!
venres, 24 de outubro de 2014
CHEGA O SAMAÍN
HALLOWEEN O SAMAÍN?
O Samain EN GALICIA
CONTO DO Samain
en do samain de Silvia López
Actividade LIM SOBRE O Samain
O Samain EN GALICIA
CONTO DO Samain
en do samain de Silvia López
Actividade LIM SOBRE O Samain
venres, 17 de outubro de 2014
mércores, 8 de outubro de 2014
ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 1º POSTAL
Como todos xa sabedes, PICOLINDO está a viaxar polo mundo.
Para aprender con nós todos os seus descubrementos
vai enviarnos POSTAIS dos lugares que coñece.
Todos podemos participar no xogo
"ADIVIÑA ONDE SE ATOPA PICOLINDO"
Escribe no blogue un COMENTARIO coa resposta
e se queres conseguir moitos PIQUEUROS engade información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...)
ANÍMATE
A primeira POSTAL xa chegou a escola
Se as pistas de PICOLINDO non son suficientes...
Utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA
martes, 7 de outubro de 2014
CHEGARON OS ROMANOS AO AULA DE 5 ANOS.
COMO XA SABEDES,O PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO É..."AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO" E NÓS,OS NEN@S DE 5 ANOS,IMOS FACERNOS ESPECIALISTAS EN
ROMA-"O COLISEUM".
ROMA-"O COLISEUM".
SE QUEREDES SABER COMO PRINCIPIAMOS COA TEMÁTICA,PREMEDE NA FOTO DA NOSA BONECA "BURBIDA".
ÍDEVOS SORPRENDER!
UN SAUDIÑO DOS NEN@S DE 5 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
sábado, 4 de outubro de 2014
COMEZADO OUTUBRO, PICOLINDO EMPRENDE A SÚA VIAXE.
Picolindo emprendeu unha viaxe en busca dunha marabilla.
Para poder facelo tivo que preparar a súa maleta maila súa documentación.
Non lle chega con dispor do DNI, tamén tivo que facer o seu PASAPORTE.
O pasaporte é un documento, expedido na Comisaría da Policía Nacional, que acredita a nosa identidade noutro Estado, para poder viaxar a moitos países.
O PASAPORTE é un documento imprescindible.
Agora, que xa está lonxe, agardamos novas, polo que se queremos viaxar con él tamén temos que preparar todos nós, o noso pasaporte. Divertirémonos moito facendoos. Temos moitas ganas de aprender coas viaxes de Picolindo, coñecer novos países,...Imos personalizar os nosos pasaportes, sacámonos fotos en TIC, recortamos e traballamos cun programiña de edición de imaxes, e cubrimos todos os nosos datos persoais (nome completo, data de nacemento, lugar de nacemento e país e número de pasaporte). En pouco tempo poderedes comprobar os nosos avances.
ONDE ESTÁS PICOLINDO?
xoves, 3 de xullo de 2014
xoves, 26 de xuño de 2014
TEATRO "La asamblea" ED. INFANTIL
Esta obra de teatro es
LA GUINDA DEL PASTEL
de nuestra etapa en Educación infantil.
Es un hasta siempre,
un "gracias" ,
un reflejo de nuestra vida en el aula.
Es por y para VOSOTR@s
Gracias por todas las EMOCIONES!!
Esto sí que ha sido
UNA ESCUELA DE SENTIMIENTOS
domingo, 22 de xuño de 2014
Mamás, poñede o bañador
Aquí podedes atopar razóns polas que facelo...
http://www.huffingtonpost.es/jessica-n-turner/mamas-poneos-el-banador_b_5533313.html
venres, 20 de xuño de 2014
domingo, 15 de xuño de 2014
FESTA FIN DE CURSO 2014. ANPA OS IRMANDIÑOS.
GRAZAS ao gran traballo desenvolvido polos membros da ANPA, os nenos e nenas da escola gozaron dunha
GRAN FESTA DE FIN DE CURSO.
Gran cantidade de crema solar,
ilusión
e entusiasmo,
foron os ingredientes fundamentais desta festa.
Agora toca esperar ao vindeiro curso escolar.
MARABILLOSA XORNADA DE CONVIVENCIA
NAS
ILLAS CIES.
MARABILLOSA XORNADA DE CONVIVENCIA
NAS
ILLAS CIES.
martes, 3 de xuño de 2014
UNHA VISITA MOI ESPECIAL: "A AVOA PILI".
COMO XA SABEDES,HAI ALGUNHAS SEMANAS QUE
PICOLINDO PEDÍU A COLABORACIÓN DAS AVOAS E DOS AVÓS DOS VOSOS FILL@S,COA
FINALIDADE DE QUE VIÑERAN Á NOSA ESCOLA CONTAR UN CONTO, FALAR DA SÚA
VIDA, APRENDERNOS UNHA CANTIGA, TOCAR UN INSTRUMENTO...O QUE ELES QUIXERAN.
A NOSA PRIMEIRA VISITA FOI A DA
AVOA DE ALEXANDRE
QUE,COMO ELA VIVE EN SUIZA E MARCHABA DE VIAXE EN BREVE, APREMIABA FACELA DE CONTADO.
AVOA DE ALEXANDRE
QUE,COMO ELA VIVE EN SUIZA E MARCHABA DE VIAXE EN BREVE, APREMIABA FACELA DE CONTADO.
PUXÉMONOS EN CONTACTO CON ELA COA FINALIDADE
DE SABER QUE NOS ÍA CONTAR E O QUE ÍA FACER COS NEN@S,PARA QUE AS
PROFES, CRISTINA E MARICRUZ, POIDERAN PREPARAR AOS RAPACES SOBRE O TEMA.
E ESTE XOVES FOI O GRAN DÍA.
SE QUEREDES VER TODO O QUE ACONTECEU NA VISITA...PREMEDE NA FOTO DESTE PEQUENO PORTÁTIL, NA QUE APARECEN A AVOA PILI E ALEXANDRE.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDOLOS AVÓS E AVOAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
A NOVA HORTA.
Por fin, a horta escolar!. Tentamos aló polo mes de febreiro iniciar o traballo da horta escolar pero non foi posible, o mal tempo, non só
non nos permitiu sair a sementar, senon que, este ano, nos esperaba un
traballo adicional, pois cos temporais do inverno estragouse toda a
horta. Coa axuda dalgunha familia da escola, conseguimos que no terceiro trimestre a horta fora reconstruída, con travesas. E enchendo os bancais con nova
terra, os nenos e nenas poden volver a experimentar a
semente, planta, coidado e posible recolleita de hortalizas. Con esta
actividade pretendemos que os nenos e nenas valoren o esforzo necesario
para a obtención do alimento, coñecendo:
- as ferramentas máis usuais do labrego,
- as partes das plantas: raíz, talo, follas, flor e pétalos,
- as necesidades das plantas.
- as diferenzas entre as distintas sementes.
- extracción das sementes das distintas froitas.
- trasplante de cepellóns dos testos á horta.
- plantas aromáticas tales como a menta, o ourego, ...
- ...
sábado, 31 de maio de 2014
AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014/2015
1.
Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación
primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun
centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano
académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación
primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material
que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas
prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no
artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.
Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria
obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000
euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en
conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
Lugar de presentación.
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna,
ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións
públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario
normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
En
caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de
correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de
presentación da solicitude.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados,
de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas
matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou
en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un
deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou
representantes legais do alumnado.Por cada alumno ou alumna só se
concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese
estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con
fondos públicos no curso escolar 2014/2015.
Prazo de presentación.
O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións
de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos
períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen
matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da
Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e
contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En
todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas
incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.
venres, 30 de maio de 2014
PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA.
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBLB2HKijbK3maTyiu_DTkrfuBeINqS2HBQTTk2x1rnpwGXkujqfNCWRCNFDC7-9sJ8W0v468CvErJDaizJIXsSBOSOnMA3Q96Tz99qWZ2dGORrPo3IGd3JsJt7-dcQMLcIvQvIOLRO-s/s1600/20140205_110008.jpg
venres, 23 de maio de 2014
xoves, 22 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Este martes día 20, celebramos na escola o Día das Letras Galegas, que este ano dedicábase a Xose María Díaz Castro. Como xa ven sendo costume, elaborouse un álbum de cromos coa vida e obra do autor.
Esta actividade segue a ser un éxito entre os maiores.Comprobade como a gozaron.
BAILE DAS FITAS.
BAILE DAS FITAS.
OS MAIOS 2014
A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración da primavera celebrase habitualmente o 1 de maio.
CANTIGA AO MAIO:
JACOBO FERNÁNDEZ VISITA A NOSA ESCOLA.
Jacobo Fernández Serrano visita a nosa escola para acompañar aos nenos e nenas do primeiro e segundo curso de educación primaria que dentro do Plan lector da escola estiveron a traballar coa serie de cómic para os primeiros lectores “Marcopola". Xacobo naceu en vigo no ano 1971 é licenciado en Belas Artes, Ilustrador,
pintor, debuxante e comiqueiro. Ten traballos como autor de literatura infantil. Tamén ten traballos de ilustración de libros de texto,
dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión,
etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada . Mantén abertos dous
blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos:
/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com
/http://milcousas.wordpress.com/
A continuación tedes unha mostra do seu traballo na nosa escola.
martes, 20 de maio de 2014
Balonmán na rúa 2014
Como festa de clausura da tempada 2013-14, celebrouse o domingo 18 de maio o Torneo de Balonmán na rúa, organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra.
Este ano tocou en Cangas e ata alí fomos un grupo dos nenos e nenas apuntados á actividade extraescolar de Balonmán. Como podedes ver, pasámolo estupendamente.
Despois do torneo, leváronnos ao Pavillón do Gatañal, onde nos fixeron entrega das medallas e tamén puidemos asistir a un partido de balonmán de "maiores", entre o BM Cangas e o SD Teucro de Pontevedra, que disputaban a final da Copa Deputación.
Este ano tocou en Cangas e ata alí fomos un grupo dos nenos e nenas apuntados á actividade extraescolar de Balonmán. Como podedes ver, pasámolo estupendamente.
Despois do torneo, leváronnos ao Pavillón do Gatañal, onde nos fixeron entrega das medallas e tamén puidemos asistir a un partido de balonmán de "maiores", entre o BM Cangas e o SD Teucro de Pontevedra, que disputaban a final da Copa Deputación.
sábado, 10 de maio de 2014
PÁXINA WEB EN REVISIÓN POLA CONSELLERÍA.
Benqueridas familias, nestes días, a Consellería de Educación está a revisar e actualizar as páxinas webs dos centros educativos, polo que utilizaremos o blogue para informacións que deberiades consultar na web mentras continuen co proceso de actualización.
Nestes días sairon as AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR E LIBROS PARA O CURSO 2014/2015.
Se queres acceder non tes máis que picar na palabra
Nestes días sairon as AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR E LIBROS PARA O CURSO 2014/2015.
Se queres acceder non tes máis que picar na palabra
martes, 29 de abril de 2014
GRANDE OBRA DE TEATRO: XIGANTES.
Continuando coas actividades do mes do libro, este venres, día 25 de Abril ás 12h., tivo lugar no ximnasio da nosa escola a representación da obra de Miro Magariños “XIGANTES”.
Esta obra puido ser levada a cabo na nosa escola grazas á editorial SM, que achegou un grande espectáculo para a nosa comunidade educativa.
Esta obra é unha versión do libro O XIGANTES DE NUNCA ACABAR de Ana Mª Fernández e Xoan Babarro, da editorial SM.
IMOS deixar que lembredes unha parte do espectáculo.
e outro anaco.
domingo, 27 de abril de 2014
COCIÑA DE CONTOS.
Dentro da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA levada a cabo polo Concello de Vigo, en colaboración coa editorial OQO e desenvolvida do 23 ao 30 de maio, tivemos a sorte de ser un dos primeiros centros seleccionados para desenvolver o OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN COAS MANS NA MASA.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria, gozaron durante noventa minutos cada grupo dun contacontos que relacionaba dun xeito marabilloso a literatura coa gastronomia. Traballaron con masa de pan, fariña e pintura.
O conto a traballar foi o de MARUXA, de EVA MEJUTO, e a ilustradora portuguesa MAFALDA MILHÕES.
EVA E MAFALDA fixeron que os nosos alumnos gozasen con Pepiño e Maruxa, os protagonistas do conto.
Aquí un cachiño da sesión de contacontos.
E aquí os traballos realizados.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria, gozaron durante noventa minutos cada grupo dun contacontos que relacionaba dun xeito marabilloso a literatura coa gastronomia. Traballaron con masa de pan, fariña e pintura.
O conto a traballar foi o de MARUXA, de EVA MEJUTO, e a ilustradora portuguesa MAFALDA MILHÕES.
EVA E MAFALDA fixeron que os nosos alumnos gozasen con Pepiño e Maruxa, os protagonistas do conto.
Aquí un cachiño da sesión de contacontos.
E aquí os traballos realizados.