PAGINA

domingo, 26 de outubro de 2014

A WEBMIX,DOS NEN@S DE 5 ANOS,SOBRE OS ROMANOS E O COLISEUM.


OS NEN@S DE 5 ANOS E A PROFE MARICRUZ ESTANSE A FACER EXPERTOS NOS ROMANOS E NO COLISEUM,POLO QUE ESTÁN A CONFECCIONAR UNHA ESCOLMA DE WEBS INTERESANTES PARA TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS.
DESEXAMOS  QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POIDA BENEFICIARSE DO NOSO TRABALLO.
PARA CONSULTALA TEDES QUE PREMER NO DEBUXO ON-LINE DO COLISEUMQUE FIXERON OS RAPACES DE 5 ANOS.
TEDE EN CONTA QUE PODEREDES CONSUTALO SEMPRE QUE QUEIRADES E QUE É UNHA ESCOLMA DINÁMICA QUE SE PODE AMPLIAR DURANTE O CURSO.
ADMITIMOS SUXERENCIAS QUE SE PODERÁN ENVIAR ,POR E-CORREO ,Á PROFE MARICRUZ AO SEU ENDEREZO:
macusanbla@gmail.com
UN BIQUIÑO MOI FORTE A TOD@S.

sábado, 25 de outubro de 2014

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares.

Dende o blogue das bibliotecas escolares de Galicia, nos recordan que o día 24 de outubro está sinalado, no Calendario do Libro de Galicia, como o 
Día das Bibliotecas
 Coa celebración deste día, preténdese destacar a importancia das Bibliotecas como lugares de encontro coa cultura, como ferramentas de formación e espazos para a convivencia e o aprendizaxe.

Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión,  co lema  

Biblioteca escolar... Matemático!!! 
 o cartel é obra de David Pintor. 

Nós queremos aproveitar esta data tan sinalada para dar  a saída oficial das 
MOCHILAS VIAXEIRAS 
e facer a entrega oficial dos carnets dos novos usuarios e o tríptico de funcionamento da mesma.

Picolindo, a nosa mascota , visitou todas as aulas e lles informou aos nenos e nenas da escola como é o funcionamento das mochilas. 
Bo Día das Bibliotecas!!!!

venres, 24 de outubro de 2014

CHEGA O SAMAÍN

HALLOWEEN O  SAMAÍN?

                   


                                               O Samain EN GALICIA


                              

   


                                       CONTO DO Samain

                          

en do samain de Silvia López


Actividade LIM SOBRE O Samain



mércores, 8 de outubro de 2014

ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 1º POSTAL

Como todos xa sabedes, PICOLINDO está a viaxar polo mundo.
Para aprender con nós todos os seus descubrementos
vai enviarnos POSTAIS dos lugares que coñece.
Todos podemos participar no xogo 
"ADIVIÑA ONDE SE ATOPA PICOLINDO"
Escribe no blogue un COMENTARIO coa resposta 
e se queres conseguir moitos PIQUEUROS engade información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...)
ANÍMATE 
A primeira POSTAL xa chegou a escola
 Se as pistas de PICOLINDO non son suficientes...
Utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA

http://es.wikipedia.org/wiki/Coliseo

martes, 7 de outubro de 2014

CHEGARON OS ROMANOS AO AULA DE 5 ANOS.

COMO XA SABEDES,O PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO É..."AS 7 MARABILLAS DO MUNDO MODERNO" E NÓS,OS NEN@S DE 5 ANOS,IMOS FACERNOS ESPECIALISTAS EN 
ROMA-"O COLISEUM".
SE QUEREDES SABER COMO PRINCIPIAMOS COA TEMÁTICA,PREMEDE NA FOTO DA NOSA BONECA "BURBIDA".
ÍDEVOS SORPRENDER!
UN SAUDIÑO DOS NEN@S DE 5 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

sábado, 4 de outubro de 2014

COMEZADO OUTUBRO, PICOLINDO EMPRENDE A SÚA VIAXE.

Benqueridas familias, a mascota da nosa biblioteca quere comunicarvos que se atopa de viaxe.
Picolindo emprendeu unha viaxe en busca dunha marabilla.
Para poder facelo tivo que preparar a súa maleta maila súa documentación
Non lle chega con dispor do DNI, tamén tivo que facer o seu PASAPORTE.

O pasaporte é un documento, expedido na Comisaría da Policía Nacional, que acredita a nosa identidade noutro Estado, para poder viaxar a moitos países.

O PASAPORTE é un documento imprescindible. 
Agora, que xa está lonxe, agardamos novas, polo que se queremos viaxar con él tamén temos que preparar todos nós, o noso pasaporte. Divertirémonos moito facendoos. Temos moitas ganas de aprender coas viaxes de Picolindo, coñecer novos países,...


Imos personalizar os nosos pasaportes, sacámonos fotos en TIC, recortamos e traballamos cun programiña de edición de imaxes,  e cubrimos todos os nosos datos persoais (nome completo, data de nacemento, lugar de nacemento e país e número de pasaporte). En pouco tempo poderedes comprobar os nosos avances.
ONDE ESTÁS PICOLINDO?