PAGINA

sábado, 31 de maio de 2014

AXUDAS LIBROS DE TEXTO 2014/2015



1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Lugar de presentación.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de presentación da solicitude.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2014/2015.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia,  o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.

venres, 30 de maio de 2014

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBLB2HKijbK3maTyiu_DTkrfuBeINqS2HBQTTk2x1rnpwGXkujqfNCWRCNFDC7-9sJ8W0v468CvErJDaizJIXsSBOSOnMA3Q96Tz99qWZ2dGORrPo3IGd3JsJt7-dcQMLcIvQvIOLRO-s/s1600/20140205_110008.jpg



xoves, 22 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este martes día 20, celebramos na escola o Día das Letras Galegas, que este ano dedicábase a Xose María Díaz Castro. Como xa ven sendo costume, elaborouse un álbum de cromos coa vida e obra do autor. Esta actividade segue a ser un éxito entre os maiores.Comprobade como a gozaron.


BAILE DAS FITAS.

OS MAIOS 2014

 


 A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración da primavera celebrase habitualmente o 1 de maio.
CANTIGA AO MAIO:

JACOBO FERNÁNDEZ VISITA A NOSA ESCOLA.

 Jacobo Fernández Serrano  visita a nosa escola para acompañar aos nenos e nenas do primeiro e segundo curso de educación primaria que dentro do Plan lector da escola estiveron a traballar coa serie  de cómic para os primeiros lectores “Marcopola". Xacobo naceu en vigo no ano 1971 é licenciado en Belas Artes,  Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro. Ten traballos como autor de literatura infantil. Tamén ten  traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada  . Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos: 
/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com
/http://milcousas.wordpress.com/

 

A continuación tedes unha mostra do seu traballo na nosa escola.

martes, 20 de maio de 2014

Balonmán na rúa 2014

Como festa de clausura da tempada 2013-14, celebrouse o domingo 18 de maio o Torneo de Balonmán na rúa, organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra.
Este ano tocou en Cangas e ata alí fomos un grupo dos nenos e nenas apuntados á actividade extraescolar de Balonmán. Como podedes ver, pasámolo estupendamente.
Despois do torneo, leváronnos ao Pavillón do Gatañal, onde nos fixeron entrega das medallas e tamén puidemos asistir a un partido de balonmán de "maiores", entre o BM Cangas e o SD Teucro de Pontevedra, que disputaban a final da Copa Deputación.

sábado, 10 de maio de 2014

PÁXINA WEB EN REVISIÓN POLA CONSELLERÍA.

Benqueridas familias, nestes días, a Consellería de Educación está a revisar e actualizar as páxinas webs dos centros educativos, polo que utilizaremos o blogue para informacións que deberiades consultar na web mentras continuen co proceso de actualización.
Nestes días sairon as AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR E LIBROS PARA O CURSO 2014/2015.
Se queres acceder non tes máis que picar na palabra