PAGINA

martes, 30 de abril de 2013

COÑECENDO BOUZAS. SEGUNDA SEMANA. BOUZAS E OS SEUS ESPAZOS ABERTOS.


Continúa o xogo!!

 Estamos na segunda das  catro semanas que vai durar esta actividade e aproveitando que todos os grupos de primaria fixeron un roteiro por Bouzas, PICOLINDO ofrécevos a posibilidade de investigar, buscar, descubrir as resposta ás súas preguntas . Esta fin de semana estivo a entreterse paseando polos espazos abertos de Bouzas. Continúa a convidarvos a pasear e descubrir cousas marabillosas. Aquí tedes a segunda rolda con  quince probas. 
Collede a papeleta na escola e en familia gozade e aprendede, paseade e divertídevos!!!. 
Estas son as probas:















domingo, 28 de abril de 2013

ROTEIRO POR BOUZAS SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.

Grazas a inestimable e gratuíta colaboración da ASOCIACIÓN VECIÑAL EDUARDO CHAO coa nosa escola, poidemos darlle un toque de calidade ao noso mergullo na vila de Bouzas. Foi unha ruta cultural  dunha hora e media de duración que resultou moi interesante e que nos permitiu gozar dun anaco da historia de Bouzas. No roteiro realizamos unha ruta peonil a través do casco antigo, centrándonos nos puntos máis salientables do mesmo.

  • Igrexa S. Miguel de Bouzas
  • Casa do Patín
  • AAVV Bouzas
  • Casa de Lira
  • Capela do Carme
  • Alameda
  • Cruceiro Vello 
  • Xardíns de D .José Casás 
  • Monumento a Eduardo Cabello 
  • Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de S. Miguel de Bouzas 
  • Praia do Adro.


martes, 23 de abril de 2013

DIA DO LIBRO 2013

Hoxe, 23 de abril
celebramos na escola o DIA DO LIBRO.
Esta conmemoración lémbrase cunha actividade preciosa
que facemos dende hai anos. Todos estamos á espera desta lectura que gusta tanto a pequenos como maiores.
Mira as imaxes da nosa homenaxe!! 

Pero antes de realizar esta actividade, tivemos que facer moitos preparativos. Comezamos por un Concurso de Autocolantes no que participaron moitos nenos e nenas da escola. Houbo dez finalistas e tan só un gañador que adornou as camisetas de todos os padriños, madriñas, afillados e afilladas. 


Todos os participantes recibirán PIKEUROS para o noso MERCADO DE OCASIÓN
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, SEN VÓS NADA DISTO SERÍA POSIBLE!!!

martes, 9 de abril de 2013

COÑECENDO BOUZAS.



Comeza o xogo!!

 Estamos na primeira das catro semanas que durará esta actividade. Investiga, busca, descubre e resposta as preguntas da nosa mascota PICOLINDO. Esta fin de semana estivo a entreterse paseando por Bouzas e ao longo desta semana convídavos, coa chegada do sol, a pasear e descubrir cousas marabillosas. Aquí tedes a primeira tanda con  catorce probas.:                                                        O PASEO DOS PEIXES.
Collede a papeleta na escola e en familia gozade e aprendede, paseade e divertídevos. 
Estas son as probas:











 

FONTES  PARA ATOPAR AS SOLUCIÓNS 

A principal fonte de información é o propio paseo.
Ler as placas que acompañan ás esculturas.
Se non podes ir pasear a Bouzas, recomendámosche que busques as respostas nas seguintes páxinas:



Ademáis, aquí temos un roteiro por Bouzas feito polo profe Juan.