PAGINA

domingo, 18 de decembro de 2011

PARA TÓDOLOS NENOS/AS ROMANESES DA NOSA ESCOLA.


O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brillante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire, todos esquecen os problemas do ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza, confórmanse co que sexa. 
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panettonne, ou algo así, que é un pan doce,  recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que saia do forno para probalo quente. Fanno nun forno con lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia se reune  nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal,   cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo. Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, xeados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces. Toda esa noite a vila énchese do canto e dos risos dos nenos. O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo, a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis cativo, e as festas continúan ata a noite. A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí. Tamén  adornan a árbore de Nadal, con doces e bólas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal. Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen. 
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadal, Noite Vella e Pascua. 
Alí o Nadal celébrase algo diferente. O Nacemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo na procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora é, no día 6,  o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e  Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendicen os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro,  chega cargado de agasallos. 
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.


CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!

venres, 16 de decembro de 2011

Unidade Didáctica do Nadal

Aquí vos deixamos unha unidade didáctica sobre o Nadal, para que non vos aburrades nestas vacacións.
FELICES FESTAS!

xoves, 15 de decembro de 2011

ACTIVIDADES DE LECER PARA O NADAL

Desde a Concellería de Normalización Lingüística, ofrécennos unha chea de actividades e actuacións para este Nadal. Preme na seguinte ligazón para ver as distintas actividades.


UN MAR DE NADAL.

ESTA É A LETRA DA PANXOLIÑA QUE SONA NA PRESENTACIÓN:
"A MIÑA BURRIÑA".
PANXOLIÑA MOI ANTIGA DE GALIZA,IMPROVISADA ,AGÁS "A MIÑA BURRIÑA...",
XA A SABEN ALGÚNS RAPACES DE  ED. INFANTÍL.
PODÉDELA APRENDER VÓS E PODEDES INVENTAR O RESTO,COMO O FACÍAN OS NOSOS ANTERGOS.

A LETRA PRINCIPAL É ASÍ:

A MIÑA BURRIÑA CANDO VAI PRA O MUIÑO VAI,
TODA ENFARIÑADA E CHEIÑA DE FRÍO.
CHEIÑA DE FRÍO E MÁIS DE XIADA ,AI!
A MIÑA BURRIÑA, SEMPRE VAI CARGADA.

ESTA NOITE HAI UNHA FIA E TAMÉN UNHA ESPADELA.(BIS)
QUÉNTAME O CALDO MAMAI ,AI!,
QUE EU TAMÉN QUERO IR A ELA.(BIS).

A MIÑA BURRIÑA...

E AGORA ,A IMPROVISAR!

mércores, 14 de decembro de 2011

domingo, 11 de decembro de 2011

DIA DOS DEREITOS HUMANOS.

Hai xa bastante tempo dende que se proclamaron os dereitos humanos, concretamente 63 anos. Ano a ano celebramos esta data tan importante pois é preciso lembrala porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación.

CALENDARIO DAS EMOCIONS.

Ao igual que outros anos por estas datas, os nenos e nenas da escola esfórzanse por traballar no tema anual que propón Picolindo a través da Biblioteca e ilustran o calendario que levan como agasallo ás familias. Este curso traballamos o tema "Un mar de emocións". Esperamos que vos guste.

O MAR DE VIGO EN NADAL.

Como cada curso escolar, chegadas estas datas, celebramos o Nadal na escola. Unha das actividades que levamos a cabo na aula de plástica é facer unha ou dúas postais de Nadal. Aproveitando que este ano temos como tema UN MAR DE EMOCIÓNS e o Concello ofrécenos a posibilidade de participar no Concurso da Concellalía de Educacióin co tema O MAR DE VIGO EN NADAL,a felicitación navideña que enviaremos a tódala Comunidde Educativa terá ese tema. Esperamos que vos guste.

xoves, 8 de decembro de 2011

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

O DÍA 6 DE  DECEMBRO É O ANIVERSARIO DA NOSA CONSTITUCIÓN, QUE FOI ASPROBADA NO ANO 1978.VOTADE CONTAS DOS ANOS QUE TEN!!, NELA ESTÁN RECOLLIDOS TODOS OS NOSOS DEREITOS E TAMÉN AS NOSAS OBRIGAS. AQUÍ VAI UN PEQUENO REPASO, CON XOGO  INCLUÍDO, TRABALLO DO CEIP MENÉNDEZ PELAYO DA XUNTA DE ANDALUCÍA.

ttp://www.juntadeandalucia.es/averroes/menendezypelayo/actividadestic/webtematica/constitucion/index.htm

sábado, 3 de decembro de 2011

DÍA 3 DE DECEMBRO:"DÍA INTERNACIONAL DOS DISCAPACITADOS".


COMO OS NENOS/AS DE 5 ANOS ESTAMOS MOI SENSIBILIZADOS CON ESTE TEMA,QUEREMOS LEMBRAR, A TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA,ESTE DÍA ESPECIAL PARA NÓS PORQUE...
E NÓS E TÓDOLOS PROFESORES,PROFESORAS E COIDADORAS DO CEIP"VIRXE DO ROCÍO"TRABALLAMOS DURAMENTE,TÓDOLOS DÍAS,POR E PARA QUE TÓDOLOS NENOS/AS  SE SINTAN CUN GRAN 
E NON BUSCAMOS O AGRADECEMENTO DAS FAMILIAS,NIN AGASALLOS,NIN GRATIFICACIÓNS.
O  ÚNICO QUE BUSCAMOS E TRANSMITIR AFECTO,COMPRENSIÓN E COÑECEMENTOS,DE CORAZÓN A CORAZÓN.


ESPERAMOS QUE A SOCIEDADE PENSE COMA NÓS.
XA SE FIXERON MOITAS COUSAS PERO ELES SÓ QUEREN UNHA :
QUE SE LLES TEÑAN EN CONTA.
EN CONTA CANDO FAGAN UNHA BEIRARRÚA,CANDO APARCAN NAS SÚAS PRAZAS DE APARCAMENTO,QUE FAGAN MÁIS SEMÁFOROS SONOROS...
PENSADE QUE HAI 4.000.000 DE DISCAPACITADOS/AS.
E AGORA,UN CONTO MOI ESPECIAL.
CONTO PARA A INTEGRACIÓN.

UN BICO MOI MOI FORTE DOS NENOS/AS DE 5 ANOS E PERECHO.

mércores, 30 de novembro de 2011

Chegou o CULTURGAL

Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, que conta cunha ampla programación infantil, con moitas actuacións e actividades para nenos. Na seguinte ligazón atoparedes toda a información deste evento. PREME NA IMAXE:

domingo, 27 de novembro de 2011

TEÑO MORRIÑA...

OS NENOS/AS DE 5 ANOS,COMO EN ANOS ANTERIORES,PREPARARON A SÚA PÁXINA DO CALENDARIO DE NADAL.
LEMBRADES?
É O CALENDARIO QUE A ESCOLA AGASALLA ÁS FAMILIAS CANDO CHEGA O NADAL.
POIS ESTE ANO ,OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ ,TRABALLANDO O TEMA ESTRELA DESTE CURSO"UN MAR DE EMOCIÓNS",ELEXIRON "A MORRIÑA",UNHA EMOCIÓN DIFÍCIL DE EXPRESAR GRÁFICAMENTE.
AÍNDA ASÍ TENTÁMOLO E,DESPOIS DE TRABALLAR NA AULA ESTA EMOCIÓN,O RESULTADO É ESTE...
PARA SABER O PROCESO DE ELABORACIÓN E COMO TABALLAMOS ESTA EMOCIÓN,MIRADE ESTA MONTAXE.

AS FOTOS E OS DOCUMENTOS ,QUE NOS SERVIRON DE BASE PARA TRABALLAR ESTA EMOCIÓN ,ESTÁN INCLUIDOS NESTE MARAVILLOSO TRABALLO QUE NOS GOSTARÍA QUE TIVESEN TODAS AS FAMILIAS NOS SEUS FOGARES.




non

debemos

esquecer

que

NÓS,OS GALEGOS E GALEGAS,NOUTROS TEMPOS E AGORA,TAMÉN FOMOS E SOMOS...





emigrantes

xoves, 24 de novembro de 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro ten lugar o  
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Deíxovos uns enlaces para entender a importancia da reflexión sobre esta temática.








mércores, 23 de novembro de 2011

ELABORACIÓN DE PASTA DENTÍFRICA

Esta semana, os rapaces do 2º Ciclo de Primaria, aprendemos a facer pasta dentífrica.
Sorprendeunos comprobar que é un proceso moi sinxelo, xa que se pode facer pasta dental con ingredientes moi comúns nas nosas casas.
Ademais, aprendemos unha chea de vocabulario en galego relacionado con todos estes produtos.



domingo, 20 de novembro de 2011

UN NOVO BLOGUE NA ESCOLA.

A partires do día de hoxe,  tedes unha ligazón ao novo blogue da aula de plástica. Chámase PINTATIC, e nel podedes descubrir a cantidade de actividades plásticas que levamos a cabo na aula. A partires deste momento non se porá ningún contido de plástica no blogue de Picolindo agás que teña que ver con algúnha tarefa do proxecto de centro, UN MAR DE EMOCIÓNS. Espero a vosa visita e os vosos comentarios. A mestra de plástica.

venres, 18 de novembro de 2011

xoves, 17 de novembro de 2011

O noso MAGOSTO

Toda festa require unha preparación.
Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día? 
(Lembra darlle ao altofalante para poder gozar da música)





Para ver como o pasamos todos os nen@s da escola mira as seguintes imaxes!!




A pan e a cousas saborosas...

 Aquí tedes un vídeo estupendo feito polos nenos e nenas dun CPI de Cea




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.




A que teñen razón? 
             A lingua é o alimento da  nosa cultura

xoves, 10 de novembro de 2011

Os superheroes de 4 anos

Os nenos e nenas de infantil convertímonos  en SUPERHEROES. Queremos desde hoxe axudar a todas as persoas e animais que necesiten da nosa axuda.

mércores, 9 de novembro de 2011

UN CONTACONTOS MOI RELAXANTE.

SERGIO E GRETA, DA FUNDACIÓN DEVI, FIXERON UN CONTACONTOS  MOI RELAXANTE.
INTRODUCÍNDONOS, CUN CONTO MARABILLOSO, "A HISTORIA DO ARCO DA VELLA FELÍZ",
NUN MUNDO CHEO DE SENSACIÓNS RELAXANTES E HARMONIOSAS.

GRAZAS A SERGIO  E A GRETA, A RAPAZA-BOLBORETA.


TÓDALA EDUCACIÓN INFANTÍL PUIDO GOZAR DA MAXIA DE SERGIO E GRETA.
GRAZAS AOS DOUS.
AGORA, AS MELLORES FOTOS DO CONTACONTOS.



martes, 8 de novembro de 2011

a maxia dos contos

 Hoxe tivemos a visita dos  contacontos Sergio e Greta e pasámolo moi, moi ben!

Vivimos a maxia dos contos axudando a Sergio e Greta a eliminar a tormenta para  atopar o sol, SOPLANDO E SOPLANDO
 AULA DE 4 ANOS


Aula de 4 anos