PAGINA

venres, 28 de outubro de 2011

SAMAÍN 2011


Esta semana fixemos unha exposición de cabazas entre todos.  Quedou preciosa!! Grazas familias por participar!!  Sodes uns artistas!!
Queredes ver imaxes terroríficas??? Preme no "Play" da imaxe e descubre a nosa presentación máxica do SAMAÍN 
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación made with Smilebox

OS NOSOS CALACÚS.

A orixe desta festa pérdese na noite dos tempos e posiblemente sexa a mestura das tradicións e ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.
Así, para os celtas, o Samaín (31 de Outubro) era a última noite do ano e considerábase un momento propicio para presaxiar o futuro. Pensaban que nesta data as portas do “outro mundo” quedaban abertas e que as ánimas dos defuntos e outros espritos invadían, por unhas horas, o mundo dos vivos; as ánimas dos finados voltaban visitar ás súas familias na súas antigas casas para quentarse a carón do lume da lareira e comer os alimentos que lles tiñan preparados os seus parentes. Os celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para espantar aos espritos malignos. De aí pasouse a facer caveiras coa cortiza das cabazas. Esta tradición conservouse ata os nosos días en toda Galiza, aínda que recibindo nomes diferentes en cada lugar: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense… etc.
Os romanos, despois de conquistar territorios habitados por pobos célticos, engadiron ao Samaín elementos da súa festa da colleita, que se celebraba o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e das árbores, á quen facían distintas ofrendas. Por iso, hoxe en Galiza consérvase o costume do Magosto, consistente nunha festa onde se comen castañas, aínda que existen outras comidas e doces típicos destes días.
Os cristiáns celebran o 31 de Outubro a véspera de Todos os Santos. Os católicos recordan aos seus mortos e axúdanos a saír do purgatorio coas súas pregarias e acendendo candeas que deben estar prendidas ata que se consuman. A Igrexa designou o 1 de Novembro como Día de Todos os Santos no século IX, agardando ata o século XII para nomear o 2 de Novembro como o Día dos Fieis Defuntos, cristianizando deste xeito a festa celta dos mortos.
Na actualidade, en Galiza consérvase unha mestura de todas estas tradicións. Así, acéndense cabazas ou calacús (as caveiras dos inimigos dos celtas); cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros (ofrenda de froitos á deusa Pomona); acéndense e aliméntanse pequenas candeas que flotan dentro de cuncas con auga e aceite, de forma que cando se consomen é porque unha ánima do purgatorio xa alcanzou a luz (salvación das ánimas cristiás e efecto buscado polos druídas celtas coas súas fogueiras).
Coa cristianización, a Igrexa prohibiu moitos destes milenarios ritos por consideralos pagáns, sendo os nenos quen os transformaron e continuaron as celebracións suplantando con disfraces aos defuntos e percorrendo as casas do pobo, onde interpretaban cantigas de agradecemento se os recibían con chulas de cabaza, carne, pan, viño e froitos secos que gardaban nas súas bolsas; pero, se non lles tiñan nada preparado, as cantigas eran de escarnio cara os da casa ou dábanlles un gran susto.
Polo tanto, aínda que existe a crenza xeneralizada de que a Noite dos Calacús, Samaín, ou Halloween é unha festa importada dende USA, en realidade sucede todo o contrario. En efecto, os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX e os emigrantes irlandeses e doutras nacións céltico-atlánticas que marcharon a Norteamérica foron os que levaron alí a celebración do Día de Defuntos, a cal, por desgraza, regresa a nós hoxe en día en forma de Halloween desvirtuado e cutre, convertido nun comercial entroido festivo carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña noutros tempos pasados a Noite dos Calacús.
Distintivo dos nosos nenos/as para a festa dos calacús.
Non só se celebra a noite dos calacús en Galiza senon tamén en case toda España e norte de Portugal,con pequenas variacións. Os nenos/as de 5 anos quixeron facer o que facían os seus antergos e foron por tódalas aulas da escola pedindo "chulas de cabaza ou pesetas" coa finalidade de voltar ás nosas raices e non esquecer a nosa cultura.Podedes mirar o que pasou neste blogue e "O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ",o blogue da nosa clase.
NON COMADES DEMASIADAS CHULAS E CASTAÑAS,NIN DEMASIADOS BUÑUELOS E OSOS DE SANTO. LEMBRÁDEVOS DOS QUE XA NON ESTÁN CONNOSCO,POIS TEMOS MOITO QUE AGRADECERLLES. MOITOS BIQUIÑOS DE PICOLINDO,PERECHO E MARICRUZ.

O 3º ciclo de Primaria expresa o seu MEDO

Na clase TIC de hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria fotografáronse con expresión de medo para festexar o SAMAÍN
6º Primaria
  
5º Primaria

xoves, 27 de outubro de 2011

CHULAS OU PESETAS.

ESTE ERA UN COSTUME  ANTIGO NO SAMAÍN EN GALIZA.
OS RAPACES E RAPAZAS ÍAN POLAS CASAS DEMANDANDO CHULAS DE CABAZA(CALACÚ) OU  REAIS OU PESETAS.
SE NON CONSEGUÍAN O QUE QUERÍAN, ESPERABAN AOS DONOS DA CASA E ASUSTABAN DE TAL XEITO QUE ...POLA CONTA QUE LLES TRAÍA, DÁBANLLES SEMPRE ALGUNHA LARPEIRADA, SOBRE TODO CHULAS DE CABAZA, SOBREMESA TÍPICA DO SAMAÍN NO BAIXO MIÑO.
NÓS FIXEMOS O MESMO POLAS DIFERENTES AULAS DA NOSA ESCOLA.
MIRADE O QUE PASOU...
  PARA QUE POIDADES FACER AS CHULAS DE CALACÚ,NAS VOSAS CASAS... ESTUDADE BEN A RECEITA.
TEMOS A OBRIGA DE RECUPERAR TÓDALAS NOSAS TRADICIÓNS.
E ESTA É UNHA DELAS.
ESTÁN BOÍSIMAS!
UN BIQUIÑO DOS NENOS/AS DE 5 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ,E...
A GOZAR DO SAMAÍN!.

Recursos para gozar do SAMAÍN

Por fín chegou o SAMAÍN!!! 
 É o momento de dar sustos e gozar co medo...
Mira que conto tan bonito fixeron no CRA de Bergondo



Esta cantiga encántame!! E a ti????





Pincha na imaxe e xoga
Nuevas Actividades realizadas por nuestros amigos de Wikisaber

sábado, 15 de outubro de 2011

O RECUNCHO DOS SENTIMENTOS E AS EMOCIÓNS:HOXE SÍNTOME...

COMO PARTE DO PROXECTO DO CENTRO PARA ESTE CURSO ESCOLAR 2011-12,DURANTE ESTE TRIMESTRE IMOS TRABALLAR AS EMOCIÓNS.
PARA OS NOSOS NENOS/AS AS EMOCIÓNS BASE SON AS QUE APARECEN NA PRESENTACIÓN,AUMENTANDO O NÚMERO DELAS Ó LONGO DA ED. PRIMARIA.
XA SABEMOS QUE ESTE TEMA SEMPRE É TRATADO NA ED. INFANTÍL PERO QUEREMOS QUE iSTO SEXA POSIBLE NA ED. PRIMARIA POLO QUE ESTE ANO O NOSO TEMA ESTRELA É:"UN MAR DE EMOCIÓNS".
TRABALLAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL É "SUPERIMPORTANTE" PARA OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS.

xoves, 13 de outubro de 2011

mércores, 5 de outubro de 2011

POCOYÍZATE.

CREA A TÚA PERSONAXE DE POCOYÓ.
UN AVATAR TEU QUE SE PAREZA A TÍ.
É MOI DIVERTIDO.
PODERÁS GARDALO NO TEU ORDENADOR.
A PROFE MARICRUZ POCOYIZOUSE E QUEDOU ASÍ.
PREME NESTE ENLACE,"POCOYÍZATE" E FAI O TEU AVATAR.

sábado, 1 de outubro de 2011

COÑECE ÓS NENOS/AS DE 5 ANOS E...

ÓS MESTRES E MESTRAS QUE IMPARTEN CLASE NESTE GRUPO DE ALUMNOS/AS.


 A QUE FORMAMOS UN BO EQUIPO?