Queres coñecer a todos os nenos e nenas da clase de 3 anos??? Así poderás aprender os nomes de tod@s. Fíxate, estades guapísimos!!
PAGINA
▼
xoves, 29 de setembro de 2011
martes, 27 de setembro de 2011
venres, 23 de setembro de 2011
DEGUSTACIÓN UVAS DE "O ROSAL"DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.
FORMA,OLOR,SABOR,TEXTURA...QUE BOAS ESTÁN AS UVAS,QUE TROUXO A PROFE MARICRUZ,DA COMARCA DE "O ROSAL"-BAIXO MIÑO(Pontevedra).
COAS UVAS APRENDEMOS MOITOS CONCEPTOS E ATA FACEMOS MATEMÁTICAS,ADEMAIS DE GOZAR CO SEU SABOR DOCE.
SABENME AS UVAS!
¡ME GUSTAN LAS UVAS!
QUE RICAS AS UVAS DE "O ROSAL"!.
xoves, 22 de setembro de 2011
POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE
Onte, mércores 21 de setembro, moitos mestr@s do claustro do Ceip. Virxe do Rocío participaron na manifestación levada a cabo en Santiago de Compostela en protesta polos recortes levados a cabo no ENSINO PÚBLICO pola Consellería de Educación . O día de folga motivou a miles de docentes a reunirse pola defensa dunha EDUCACIÓN DE CALIDADE.
Lectura do manifesto polo escritor Xavier Docampo |
OS ESPECIALISTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
Ola familias:
Esta semana seguimos co periodo de adaptación para coñecer pouco a pouco todas as sorpresas que a escola ten preparadas para nós. O martes xuntámonos tod@s na clase!! Gustounos moito porque teremos moitos amig@s aínda que as veces ser tantos obriga a esperar quendas e compartir a atención da profe María.
Queredes ver como xogamos nos recunchos da clase os 24 nen@s xuntos???
A mestra de Inglés, OLGA |
Esta semana coñecemos a moitos mestres que axudarannos na escola e serán moi importantes para nós.
Imos coñecelos!!
O mestre de psicomotricidade, JUAN |
A aula de relixión |
PICOLINDO, mascota da biblioteca |
A mestra de relixión, MERCE na BIBLIOTECA |
Os nen@s na BIBLIOTECA con PICOLINDO |
Na aula TIC coa mestra ÁNGELA, xogando no encerado dixital |
UN MAR DE EMOCIÓNS.
Comezado o curso escolar, os nenos e nenas de educación primaria estamos a ambientar a entrada da nosa escola. Retiramos os murais que tanto traballo nos levou facer o curso pasado e convertímonos en verdadeiros pintores. Estamos a pintar con brochas e rodeles. Xa case parece un mar, non si?. Día a día iremoslle dando forma. Esperamos que vos guste.
Entre todos o acadaremos. |
Moito traballo que facer |
Este é un traballo moi divertido. |
mércores, 21 de setembro de 2011
XORNADA DE BRAZOS CAÍDOS.
No día de hoxe, o 100% do profesorado secundou a xornada de brazos caídos. Entre as 10:00h e as 10:30h. saiuse ao patio en sinal de protesta polos recurtes no ensino público. A nosa protesta debe ser tamén a vosa, pais e nais dos nosos alumnos e alumnas. Todos debemos loitar para que os nosos nenos reciban unha educación de calidade. O voso apoio é importante.
venres, 16 de setembro de 2011
O PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA E AS VACACIÓNS, DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.
O NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE.
AS NOSAS VACACIÓNS.
xoves, 15 de setembro de 2011
COMEZAMOS A ESCOLA
Esta semana comezamos a escola!!! e para os cativos de 3 anos foron uns días moi especiais cheos de experiencias novidosas, espazos que descubrir, persoas e amig@s novos que coñecer... É normal que cada día e cada instante navegasen por un ....
MAR DE EMOCIÓNS
QUE INTENTAMOS DESENVOLVER NOS NEN@S?
Axúdame a conseguilo!!
Confianza en si mesmos
Os nen@s deben crer que poden ter éxito. Non deixes de dicirllo!!
Independencia
Os nen@s deben aprender a facer as cousas por si mesmos. Non debemos ser sobreprotectores!!
Motivación
Os nen@s deben querer aprender. A curiosidade é o motor da aprendizaxe!!
Curiosidade
Utiliza a súa curiosidade natural para que poidan aproveitar ao máximo as oportunidades para aprender.
Constancia
Os nen@s deben aprender a rematar o que comezaron.
Cooperación
Os nen@s deben saber como levarse ben con outros nen@s e aprender a compartir e tomar quendas.
Autocontrol
Os nen@s deben aprender que hai boas e malas maneiras de expresar o seu enfado. Debemos ensinalos a comunicar o seu enfado verbalmente e a forma de solucionar os problemas sen violencia.
Empatía
Os nen@s deben expresar un interese por outras persoas e comprender como se senten.
Estes primeiros días de emocións, os nen@s coñeceron os espazos da aula descubrindo os xoguetes que había nos recunchos e aprendendo as normas para poder usalos.
Na nosa aula tamén temos espazos propios: un percheiro para a miña roupa, tarxetas co meu nome, un casilleiro para os meus traballos. Cantos máis espazos descubro, máis me gusta o meu cole!!!
Estes días coñecemos o patio da escola. Estaba cheo de casiñas, tobogáns, motos, patinetes….So faltaban o resto dos rapaces da escola. O patio foi todo para nós!!
Non podemos esquecernos da nosa amiga PEKY… Todos os días ela e a profe María danos os bos días e ven despedirnos a porta. Querémola moito porque sempre regálanos os caramelos de Peky e as estrelas de Peky para poder ensinarlles as familias o ben que nos portamos na escola.
Para rematar, preme no vídeo e poderás ver os rapaces de 3 anos nos seus primeiros días de escola. Esperamos que vos guste!!.
Unha aperta de Peky e a profe María